Unha caixa de ritmos é un instrumento musical electrónico que crea sons de percusión, ritmos de batería e xenera patróns musicais, poden imitar baterías ou outros instrumentos de percusión ou producir sons únicos, como sons electrónicos sintetizados. As caixas de ritmos a miúdo teñen ritmos e patróns preprogramados para xéneros e estilos populares, como música pop, música rock e música dance. A maioría das caixas de ritmos modernas fabricadas nos anos 2010 e 2020 tamén permiten aos usuarios programar os seus propios ritmos. As caixas de ritmos poden crear sons usando sintetis analóxica ou reproducir mostras pregravadas.
As caixas de ritmos tiveron un impacto grande na música popular do século XX. O Roland TR-808, presentado en 1980,[1] influíu significativamente no desenvolvemento da música dance, especialmente a música dance electrónica e o hip hop. O seu sucesor, o TR-909, presentado en 1983, influíu moito no techno e na música house. A primeira caixa de ritmos en usar mostras de baterías reais, a Linn LM-1, foi presentada en 1980 e adoptada por artistas de rock e pop, incluíndo Prince[2] e Michael Jackson[3]. A finais da década de 1990, as emulacións de software comezaron a superar a popularidade das caixas de ritmos físicas cun chasis separado de plástico ou metal.