![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2020.) |
State of California (en) ![]() | |||||
Himno | I Love You, California (en) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Eureka!» ![]() | ||||
Símbolo oficial | California state tartan (en) ![]() Codorniz-da-califórnia (pt) ![]() Cantharellus californicus (cogomelo) Eschscholzia californica (flor) ![]() | ||||
Alcume | The Golden State, الولاية الذهبية, Y Dalaith Aur e El Estado Dorado ![]() | ||||
Nomeado en referencia a | As Californias ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América ![]() | ||||
Capital | Sacramento (1854–) ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 39.538.223 (2020) ![]() | ||||
Número de fogares | 13.103.114 (2020) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 423.970 km² ![]() | ||||
Auga | 4,84 % ![]() | ||||
Bañado por | Océano Pacífico ![]() | ||||
Altitude | 884 m ![]() | ||||
Punto máis alto | Monte Whitney (4.421 m) ![]() | ||||
Punto máis baixo | Bacia de Badwater (pt) ![]() ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 9 de setembro de 1850 ![]() | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | State of California (en) ![]() ![]() | ||||
• Governador da Califórnia (pt) ![]() ![]() | Gavin Newsom (2019–) ![]() | ||||
Órgano lexislativo | California State Legislature (en) ![]() ![]() | ||||
Máxima autoridade xudicial | Suprema Corte da Califórnia (pt) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | US-CA ![]() | ||||
Identificador GNIS | 1779778 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Prefectura de Ōsaka (1994–) ![]() | ||||
Páxina web | ca.gov ![]() | ||||
![]() |
California[1][2] é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. Situado na costa norte do océano Pacífico, é o estado máis poboado do país, con máis de 38 millóns de habitantes. É tamén o terceiro maior estado en extensión dos Estados Unidos, por detrás só de Alasca e Texas. California é o maior centro comercial e industrial dos Estados Unidos, así como o líder nacional na produción de produtos agropecuarios.
Das vinte maiores cidades dos Estados Unidos, catro están localizadas en California: Os Ánxeles, San Jose, San Diego e San Francisco. A súa capital, Sacramento, tamén é unha gran cidade. A rexión sur ten unha alta densidade de poboación, e alí é onde se localizan as catro maiores cidades do estado, mentres que a rexión norte está menos densamente habitada, e Sacramento é a única gran cidade situada nesa rexión setentrional.
Os españois foron os primeiros en explorar e colonizar a área onde actualmente se sitúa o estado de California e, despois da independencia mexicana, tornou parte de México. Os estadounidenses anexionaron California por volta de 1850, despois dunha guerra con México.
O alcume do estado é The Golden State, é dicir, o "estado dourado". Con todo, a orixe deste nome aínda é tema de discusión. Pode proceder da febre dourada de 1849, cando as minas de ouro atraeron decenas de milleiros de persoas de todo o país á rexión. Outra posibilidade é unha referencia á herba nativa do estado, que adquire unha cor dourada na estación seca. Comunmente, o alcume tamén é unha referencia ao seu clima, quente e solleiro durante a maior parte do ano. O nome do estado vén dunha novela (Las sergas de Espladián, As aventuras de Espladián) do século XVI, escrita polo español Garci Rodríguez de Montalvo, onde existía un paraíso chamado California.