Calvinismo

A biblia de Xenebra. Unha das primeiras biblias publicada por protestantes, en francés, editada en 1669 en Ámsterdam. A edición recupera a tradución de d'Olivétan de 1535, baseada no texto hebreo e grego.

O calvinismo (ás veces chamado tradición reformada, a fe reformada ou teoloxía reformada) é un sistema teolóxico protestante e un enfoque da vida cristiá que pon a énfase na autoridade de Deus sobre todas as cousas.[1] Esta vertente do cristianismo protestante é así nomeada en relación ao reformador relixioso francés do século XVI Jean Calvin, quen sistematizou moitas das máis coñecidas doutrinas que forman parte da teoloxía reformada.

A tradición reformada foi desenvolvida por teólogos como Martin Bucer, Heinrich Bullinger,[2] Pietro Martire Vermigli,[3] Ulrich Zwingli,[4] Teodoro de Beza e Guillaume Farel e influíu en reformadores británicos como Thomas Cranmer e John Knox. Con todo, debido á grande influencia e ao papel de Jean Calvin nos debates confesionais e eclesiásticos do século XVII, a tradición chegou a coñecerse co nome de calvinismo. Hoxe en día, o termo designa tamén as doutrinas e prácticas das igrexas reformadas.[5]

No século XXI, o conxunto das Igrexas de inspiración calvinista reúne a uns 75 millóns de persoas.[6]

  1. Jean-Daniel Benoit, Calvin, directeur d'âmes: Contribution à l'histoire de la piété réformée, Strasbourg, Oberlin, 1947, p. 68
  2. Olivier Fatio, Le calvinisme, in Dictionnaire Historique de la Suisse, Berna, Suíza [1] Arquivado 20 de abril de 2010 en Wayback Machine. Consultado o 12 de xaneiro de 2011.
  3. (en inglés) John Patrick Donnelly, Calvinism and Scholasticism in Vermigli's doctrine of man and grace, Tomo 18 de Studies in medieval and Reformation thought, Brill Archive, 1976, págs. 1-2, ISBN 978-90-04-04482-1 [2] Consultado el 12 de xaneiro de 2011.
  4. Huldrych Zwingli, André Gounelle, La foi réformée, Tomo 15 de la Petite bibliothèque protestante, Éditions Olivetan, 2000, páxs. 5-6 ISBN 978-2-85304-157-7 [3] Consultado o 12 de xaneiro de 2011.
  5. (en inglés) Benjamin B. Warfield, Calvinism: The Meaning and Uses of the Term, The Works of Benjamin B. Warfield, MI: Baker Book House, Grand Rapids, 1991, páxs. 353-366, Consultado o 16 de xaneiro de 2016.
  6. Major Branches of Religions Ranked by Number of Adherents Arquivado 15 de marzo de 2015 en Wayback Machine., en Adherents.com, Consultado o 7 de febreiro do 2016.

Developed by StudentB