Capilar

Capilar
Vaso capilar
Imaxe de microscopio electrónico de varrido dun capilar cun glóbulo vermello no seu interior no tecido pancreático. A parede do capilar consta de células endoteliais delgadas e longas, conectadas por unións herméticas.
Ilustración simplificada dunha rede capilar (carece de esfínteres precapilares, que non están presentes en todos os capilares.[1]).
Latín vas capillare (Terminologia Histologica 3 09 02.0.02001)[2]

Os capilares son os vasos sanguíneos (e linfáticos) máis pequenos do corpo, que constitúen a rede de vasos da microcirculación. A súa parede está formada por un endotelio dunha soa célula de grosor. Estes microvasos, que miden de 5 a 10 micrómetros (µm) de diámetro, conectan as arteríolas e vénulas, e posibilitan o intercambio de auga, oxíxeno, dióxido de carbono, e moitos nutrientes e substancias residuais entre o sangue e as células dos tecidos[3] que os rodean. Os capilares linfáticos conectan cos grandes vasos linfáticos para drenar a linfa recollida na microcirculación.

Durante as etapas iniciais da embrioxénese[4] fórmanse novos capilares por un proceso chamado vasculoxénese, que é o proceso da formación de vasos sanguíneos que ten lugar por medio da produción de novo de células endoteliais que despois forman os tubos vasculares.[5] O termo anxioxénese refírese á formación de novos capilares a partir de vasos sanguíneos preexistentes e endotelio xa presente, que se divide.[6]

  1. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Sakai 13
  2. "THH:3.09 The cardiovascular system". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2020. Consultado o June 3, 2014. 
  3. Maton, Anthea; Jean Hopkins; Charles William McLaughlin; Susan Johnson; Maryanna Quon Warner; David LaHart; Jill D. Wright (1993). Human Biology and Health. Englewood Cliffs, New Jersey: Prentice Hall. ISBN 0-13-981176-1. 
  4. http://www.wormbook.org/chapters/www_embryovariationdevelop/embryovariationdevelop.html
  5. John S. Penn (11 March 2008). Retinal and Choroidal Angiogenesis. Springer. pp. 119–. ISBN 978-1-4020-6779-2. Consultado o 26 June 2010. 
  6. "Endoderm -- Developmental Biology -- NCBI Bookshelf". Consultado o 2010-04-07. 

Developed by StudentB