Casa da Moeda de Denver –US Mint– | |
---|---|
Edificio da Casa da Moeda de Denver | |
Tipo | Establecemento público de carácter industrial e comercial |
Fundación | 1 de febreiro de 1906 |
Matriz | Casa da Moeda dos Estados Unidos |
Localización | Denver Estados Unidos. |
Industria | Cuñaxe. |
Produtos | Moedas e medallas. |
Notas | |
}Marca de ceca: D. | |
Na rede | |
http://www.usmint.gov e https://www.usmint.gov/about/mint-tours-facilities/denver | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Casa da Moeda de Denver (en inglés: Denver Mint) é unha fábrica de moeda estadounidense de titularidade pública, sita en Denver, Colorado, que se constitúe como unha das ramas da Casa da Moeda dos Estados Unidos. Esta ceca cuñou as súas primeiras moedas o 1 de febreiro de 1906 e continúa vixente no século XXI, producindo moedas tanto conmemorativas e de investimento como para a súa circulación regular.[1][2][3][4] As moedas producidas na Casa da Moeda de Denver amosan como marca de ceca a letra «D» (comparte a marca coa da ceca de Dahlonega, aínda que non se dá lugar a confusión, xa que estas cecas funcionaron en épocas diferentes). A ceca de Denver é o maior produtor individual de moedas do mundo.[3]