En gramática, o caso gramatical é a forma que adquire unha palabra (substantivos, adxectivos, pronomes ou determinantes) dependendo da función sintáctica que desempeñe. Este concepto é aplicábel en principio ás linguas flexivas e ás linguas aglutinantes. Ao conxunto de casos que ten unha palabra dada chámaselle declinación. Así, por exemplo, en latín existían seis casos (nominativo, vocativo, acusativo, xenitivo, dativo e ablativo), en grego clásico cinco (nominativo, vocativo, acusativo, xenitivo e dativo). Nas dúas linguas existen tamén trazas dos antigos locativo e instrumental.
Os casos poderían clasificarse nos seguintes subtipos:
Existen linguas cun sistema de casos posicionais moi desenvolvido, como o tabasarano, que posúe cincuenta e dous: entre eles o inlativo, o elativo, o ablativo, o adlativo, o sublativo, o delativo, o supralativo, o postlativo, o interlativo, o inesivo, o adesivo, o subesivo, o interesivo, o postesivo, ou o superesivo.
No grupo dos casos relacionais existen dous grandes sistemas nas linguas do mundo. Aquí do que se trata é de ver quen leva as marcas formais entre o suxeito dos verbos transitivos e intransitivos e o complemento directo dos verbos transitivos: