Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
Unha catedral é un importante templo de culto onde un bispo católico, anglicano ou luterano ten a súa sé ou cátedra: outras crenzas cristiás sen a figura do bispo, como a Igrexa de Escocia, tamén manteñen a denominación de catedral. Normalmente é meirande cós templos (igrexa) que non sexan sé dun bispado ou cabeza de diocese.
As catedrais deben o seu nome a que no interior delas se impartían cátedras (inicialmente do latín cathedra, 'onde sentar', que tamén orixinaría a palabra cadeira) ós seminaristas versadas en latín, Gramática ou Teoloxía.
O nome sé provén do latín sedis. Sé tamén se aplíca á principal igrexa cristiá, a Santa Sé.