Catolicismo | |
---|---|
Cruz latina | |
Historia | |
Fundador | Desde Cristo, a partir dos 12 Apóstolos |
Escisións | Catolicismo occidental e Ortodoxia oriental |
Clasificación | |
Teoloxía | cristianismo |
Demografía e cultura | |
Fieis | > de 1000 millóns |
Linguas litúrxicas | Latín, linguas vernáculas |
Catolicismo (do grego καθολικός, katholikós, 'universal, que comprende todo') é un termo que fai referencia á principal rama actual do cristianismo, xurdida tralo Cisma de Oriente. Os católicos son fieis á Igrexa católica, como así tamén á teoloxía, doutrina, liturxia, principios éticos e normas de comportamento derivadas, do mesmo xeito que ao conxunto dos seus seguidores como un todo, a quen se lles denomina «católicos».[1] O vocábulo «catolicismo» úsase polo xeral para facer alusión á experiencia relixiosa compartida polas persoas que viven en comuñón coa Igrexa de Roma.[2]
O termo refírese aos cristiáns pertencentes á Igrexa católica, composta por 23 igrexas sui iuris que se atopan en completa comuñón co Papa e que en conxunto reúnen a máis de mil millóns de fieis[3] (unha sexta parte da poboación mundial e máis da metade de todos os fieis cristiáns).[4][5] A principal característica distintiva da Igrexa católica é o recoñecemento da autoridade e primacía do papa, bispo de Roma.[Nota 1] Con todo hai varias igrexas que comparten tamén o adxectivo cualificativo de «católicas», como a Igrexa ortodoxa e as Antigas igrexas orientais, a Igrexa asiria do Oriente e as Igrexas que constitúen a Comuñón anglicana[6][Nota 2]
The Roman Catholics in the world outnumber all other Christians combined.
Erro no código da cita: As etiquetas <ref>
existen para un grupo chamado "Nota", pero non se atopou a etiqueta <references group="Nota"/>
correspondente