Caucho

Látex recolléndose dunha árbore tropical

O caucho é unha substancia elástica (polímero de hidrocarbono elástico), impermeábel e resistente extraída do látex, emulsión leitosa que mana dalgunhas plantas principalmente tropicais ou obtida artificialmente de certos derivados do petróleo[1]. A principal fonte comercial do látex son as euforbiáceas do xénero Hevea, como Hevea brasiliensis. Outras plantas que conteñen o látex son: figueiras, euphorbias e o mexacán común. Estas non foron a fonte principal do caucho, aínda que cando Alemaña foi dividida durante a segunda guerra mundial, fixeron tentativas para empregar tales fontes, antes de que fose suplantado polo desenvolvemento do caucho sintético.

Crese que foi bautizado por Joseph Priestley, que o descubriu en 1770, quen secou o látex e borrou anotacións en lapis.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caucho.

Developed by StudentB