ChEBI | |
---|---|
Acrónimo | chebi |
Tipo | ontoloxía, banco de dados químicos, banco de dados biológicos e ELIXIR Core Data Resource |
País | Reino Unido |
Na rede | |
http://www.ebi.ac.uk/chebi | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O ChEBI (Chemical Entities of Biological Interest ou Entidades Químicas de Interese Biolóxico)[1][2] é unha base de datos e de ontoloxía de entidades moleculares enfocada a "pequenos" compostos químicos, que forma parte do proxecto Open Biomedical Ontologies (Ontoloxías Biomédicas Abertas).[1] O termo "entidade molecular" refírese a calquera "átomo, molécula, ión, par de ións, radical, ión radical, complexo, confórmero etc., constitucional e isotopicamente distinto, identificable como unha entidade distinguible por separado".[3] As entidades moleculares en cuestión son produtos de natureza sintética ou produtos que teñen bioactividade potencial. Porén, as moléculas codificadas directamente polo xenoma, como ácidos nucleicos, proteínas e péptidos derivados de proteínas por corte proteolítico, como regra non son incluídos no ChEBI.
O ChEBI usa a nomenclatura, simbolismo e terminoloxia da Unión Internacional de Química Pura e Aplicada (IUPAC) e o Comité de Nomenclatura da Unión Internacional de Bioquímica e Bioloxía Molecular (NC-IUBMB).