Charles Darwin

Infotaula de personaCharles Darwin

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Charles Robert Darwin Editar o valor em Wikidata
12 de febreiro de 1809 Editar o valor em Wikidata
The Mount (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte19 de abril de 1882 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Down House Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaAbadía de Westminster Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaThe Mount (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa Anglicana e Agnosticismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Cambridge - teoloxía (1828–)
Universidade de Edimburgo - medicina (1825–)
Shrewsbury School (en) Traducir (1818–1825)
Escola de Medicina da Universidade de Edimburgo (pt) Traducir
Christ's College Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxeólogo , naturalista , filósofo , escritor , etólogo , explorador , escritor de viaxes , botánico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorReal Sociedade Geográfica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresAdam Sedgwick (pt) Traducir e John Edmonstone (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
27 de decembro de 1831Segunda viaxe do Beagle Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Abreviación dun autor en botánicaDarwin Editar o valor em Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaDarwin Editar o valor em Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeEmma Darwin (1839–1882), morte
FillosAnne Darwin, Leonard Darwin, Horace Darwin, Charles Waring Darwin, Elizabeth Darwin, George Darwin, William Erasmus Darwin, Henrietta Darwin, Francis Darwin, Mary Eleanor Darwin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisRobert Darwin Editar o valor em Wikidata  e Susannah Wedgwood Editar o valor em Wikidata
IrmánsErasmus Alvey Darwin, Caroline Darwin, Marianne Darwin (en) Traducir, Emily Darwin (en) Traducir e Susan Darwin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesUrsula Mommens (pt) Traducir (great-granddaughter (en) Traducir)
Josiah Wedgwood II (tío, sogro)
Emma Darwin (curmá entregue)
Robin Darwin (bisneto)
Sarah Darwin (pt) Traducir () Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm6143881 BNE: XX990809 Bitraga: 1152 iTunes: 156138118 Musicbrainz: 71b891f5-92bb-42be-9c45-98b8f56a3177 Discogs: 465460 WikiTree: Darwin-15 Find a Grave: 1279 Genius: Charles-darwin Editar o valor em Wikidata

Charles Robert Darwin [tʃɑrlz ˈdɑrwɪn], nado o 12 de febreiro de 1809 e finado o 19 de abril de 1882, foi un naturalista, biólogo e xeólogo inglés que destaca pola súa achega á teoría evolutiva. Observou e postulou que todas as especies de organismos vivos evolucionaron a partir dun único antecesor común.[1] Nunha publicación conxunta con Alfred Russel Wallace, introduciu a teoría de que ese fenómeno de diversificación é o resultado do que denominaron selección natural; un proceso no que a competición por persistir ten a mesma resultante que teñen os cruzamentos selectivos na selección artificial.[2]

Darwin publicou a teoría evolutiva no libro do 1859 A orixe das especies, apoiándose en múltiples probas e refutando as ideas da transmutación das especies.[3][4] A idea de evolución chegou a ser unha postura apoiada pola comunidade científica e pola sociedade ao final da súa vida, na década de 1870. Porén, a teoría da selección natural como proceso esencial que explica a evolución só se chegou a aceptar amplamente entre as décadas de 1930 e 1950. A síntese moderna da teoría evolutiva, co seu piar capital da selección natural, constitúe actualmente a teoría que unifica as ciencias naturais e a que explica a diversidade de vida existente hoxe.[5]

Darwin deixou a un lado a súa formación profesional en medicina da Universidade de Edimburgo antes de se graduar para ir colaborar en estudos de invertebrados mariños, algo que si lle interesou desde novo.[6] Afianzou esa paixón polas ciencias naturais na Universidade de Cambridge.[7] A viaxe de cinco anos de Darwin na segunda expedición do HMS Beagle consolidouno coma un eminente xeólogo, xa que achegou probas ás ideas uniformistas de Charles Lyell. Así mesmo, tornouse coñecido coas súas publicacións de memorias da expedición do Beagle.[8]

Sorprendido pola distribución xeográfica das especies salvaxes e dos fósiles que atopou no decorrer da súa viaxe, adicouse ao estudo da transmutación das especies chegando a concibir a súa teoría da selección natural no ano 1838.[9] Malia que debateu as súas ideas con varios naturalistas, o traballo de estudo xeolóxico das probas recollidas na viaxe tívoo ocupado e fixo que adiase a publicación da súa teoría.[10] De feito, cando comezou a escribilas no 1858, Alfred Russel Wallace envioulle un artigo que describía a mesma idea de selección natural. Así, con esa carta de Wallace, comezaron axiña a escritura da obra conxunta «Sobre da tendencia das especies a formar variedades, e na perpetuación das variedades e das especies por procesos naturais de selección», na que ambos ligaron as súas teorías.[11] Na súa obra estableceu que a descendencia con modificacións herdables é a principal explicación científica da evolución e diversificación da vida. No 1871, primeiro analizou a evolución humana e a selección sexual en «A orixe do home e a selección en relación co sexo», e despois escribiu «Sobre da expresión das emocións no home e nos animais». As súas investigacións de botánica publicáronse en varios volumes. O seu derradeiro libro escrito foi un estudo das lombrigas e o seu efecto no solo [12].

A magnitude da obra de Charles Darwin fixo que fose unha das cinco persoas do século XIX non pertencentes á casa real inglesa que foi soterrada con honras de funeral de Estado.[13] Xace enterrado na Abadía de Westminster, ao lado de John Herschel e Isaac Newton.

  1. Coyne, Jerry A. (2009). Why Evolution is True. Viking. ISBN 978-0-670-02053-9. 
  2. Larson, Edward J. (2004). Evolution: The Remarkable History of a Scientific Theory. Modern Library. ISBN 0-679-64288-9. 
  3. Coyne, Jerry A (2009). Why Evolution is True. Oxford. ISBN 0-19-923084-6. 
  4. Glass, Benteley (1959). Forerunners of Darwin, p.iv. Jonhs Hopkins University Press. ISBN 0-8018-0222-9. 
  5. darwin-online.org.uk. "The Complete Work of Darwin Online - Bibliography". Consultado o 18 de outubro de 2015. 
  6. Universidade de Edinburgh. "Notable alumni: Charles Darwin". Consultado o 19 de outubro de 2015. 
  7. Leff. "Who was Darwin (2000)". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2015. Consultado o 18 de outubro de 2015. 
  8. Desmond & Moore (1991). pp. 210, 284–285. 
  9. Desmond & Moore 1991, pp. 263–274
  10. van Wyhe 2007, pp. 184, 187
  11. Beddall, B. G. (1968). "Wallace, Darwin, and the Theory of Natural Selection" (PDF). Journal of the History of Biology 1 (2): 261–323. doi:10.1007/BF00351923. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de outubro de 2012. Consultado o 19 de outubro de 2015. 
  12. Darwin Online. "Publications". Consultado o 19 de outubro de 2015. 
  13. "Special feature: Darwin 200". New Scientist. 

Developed by StudentB