Charlotte Hornets | |
---|---|
Información xeral | |
Conferencia | Leste |
División | Sueste |
Fundación | 1988 |
Historia | Charlotte Hornets (1988–2002) Charlotte Bobcats (2004–2014) |
Cores | Púrpura, verde |
Retirados | 1 (13) |
Localización | |
Cidade | Charlotte, Carolina do Norte |
Pavillón | Spectrum Center |
Capacidade | 19.077 espectadores |
Inauguración | 21 de outubro de 2005 |
Persoal | |
Propietario(s) | Michael Jordan |
Director | Rich Cho |
Adestrador | James Borrego |
Títulos | |
Campión | 0 |
Conferencia | 0 |
División | 0 |
hornets.com |
Os Charlotte Hornets son un equipo profesional de baloncesto que xoga en Charlotte. Xogan na División Sueste da Conferencia Leste da National Basketball Association. O propietario da franquía é Michael Jordan, quen adquiriu o equipo no ano 2010. Xogan os seus encontros coma locais no Spectrum Center, situado no centro da cidade de Charlotte.
Os Hornets foron creados en 1988 coma un equipo de expansión, pero na tempada 2001-02 trasladáronse a Nova Orleáns. En 2004 un novo equipo de expansión, os Charlotte Bobcats, foi creado. Tras 10 tempadas co nome de Bobcats, o equipo cambiou o seu nome a Charlotte Hornets para a tempada 2014-15, un ano despois de que a franquía de Nova Orleáns renunciara ó nome de Hornets e o cambiara polo de Pelicans.[1] Ademais, a franquía de Charlotte recuperou a historia e os récords dos Hornets orixinais dos anos 1988-2002, converténdose así nunha continuación da franquía orixinal.[2]