Chicago Cubs | |||||
---|---|---|---|---|---|
Fundado en 1876 En Chicago desde 1876 | |||||
| |||||
Afiliacións de Grandes Ligas | |||||
| |||||
Uniforme actual | |||||
Dorsais retirados | 10, 14, 23, 26, 31, 31, 42 | ||||
Cores | |||||
| |||||
Nome | |||||
| |||||
Alcumes | |||||
| |||||
Estadio | |||||
| |||||
Títulos das Grandes Ligas | |||||
Series Mundiais (3) | 1907, 1908, 2016 | ||||
National League (17) | 1876, 1880, 1881, 1882, 1885, 1886, 1906, 1907, 1908, 1910, 1918, 1929, 1932, 1935, 1938, 1945, 2016 | ||||
División C. (5) | 2003, 2007, 2008, 2016, 2017 | ||||
División L. (2) | 1984, 1989 | ||||
Wild card (3) | 1998, 2015, 2018 | ||||
Administración | |||||
Dono(s) | Thomas S. Ricketts, Laura Ricketts, Pete Ricketts, Todd Ricketts, Joe Ricketts | ||||
Adestrador | David Ross | ||||
Director xeral | Jed Hoyer | ||||
Presidente | Theo Epstein |
Os Chicago Cubs son un equipo profesional estadounidense de béisbol con sede na cidade de Chicago, Illinois. O club compite na Major League Baseball (MLB) como membro da Divisón Central da National League (NL). O equipo xoga os seus partidos como local en Wrigley Field, campo situado ao norte da cidade. Os Cubs son un dos dous equipos das Grandes Ligas da cidade, o outro, os Chicago White Sox compiten na Divisón Central da American League (AL). O equipo, primeiro coñecido co nome de White Stockings, foi un dos membros fundadores da National League en 1876, adoptando o seu actual nome en 1903.[1]
Os Cubs disputaron un total de once Series Mundiais na súa historia. A súa primeira aparición foi en 1906, cando o equipo conseguiu gañar 116 xogos (116–36). Este récord supón a mellor porcentaxe de vitorias (76,3 %) da rera moderna das grandes ligas. A pesar de todo, perderon nas Series Mundiais ante os Chicago White Sox ("The Hitless Wonders") por catro xogos a dous. Nas dúas seguintes temporadas, 1907 e 1908, o equipo consegue gañar dous campionatos consecutivos, sendo o primeiro equipo en conseuir disputar as Series Mundiais tres veces consecutivas. Porén, o equipo non consegue gañar o campionato de novo até 108 anos despois, cando conseguiron vencer nas Series Mundiais de 2016 aos Cleveland Indians. Esta serie de 108 anos sen gañar o campionato foi a máis longa de historia no deporte profesional estadounidense.