Chipre

Modelo:Xeografía políticaChipre
Κυπριακή Δημοκρατία (el)
Kıbrıs Cumhuriyeti (tr) Editar o valor em Wikidata

HimnoImnos is tin Eleftherian Editar o valor em Wikidata

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 35°N 33°L / 35, 33Coordenadas: 35°N 33°L / 35, 33
Territorio reivindicado porRepública Turca do Norte de Chipre Editar o valor em Wikidata
CapitalNicosia Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Famagusta (pt) Traducir
Kyrenia (pt) Traducir
Larnaca (pt) Traducir
Limassol (pt) Traducir
Nicósia (pt) Traducir
Pafos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.141.166 (2013) Editar o valor em Wikidata (123,47 hab./km²)
Lingua oficiallingua grega moderna
lingua turca
lingua grega Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie9.242,45 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMonte Olimpo (1.952 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoMar Mediterráneo (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación16 de agosto de 1960 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porTurkish Cypriot General Committee (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernorepública Editar o valor em Wikidata
• Presidente Editar o valor em WikidataNikos Christodoulides (pt) Traducir (2023–) Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoGovernment of Cyprus Republic (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Presidente Editar o valor em WikidataNikos Christodoulides (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoCâmara dos Representantes do Chipre (pt) Traducir , (Escano: 56) Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal28.408.064.462 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
Moedaeuro Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.cy Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+357 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia112, 1400 (en) Traducir e 199 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Código de paísCY Editar o valor em Wikidata
Código NUTSCY Editar o valor em Wikidata

Páxina webcyprus.gov.cy Editar o valor em Wikidata

Chipre (Gl-Chipre.ogg pronunciación ) (en grego: Κύπρος/Kýpros, en turco: Kıbrıs), oficialmente República de Chipre (Gl-República de Chipre.ogg pronunciación ) (en grego: Κυπριακή Δημοκρατία, en turco: Kıbrıs Cumhuriyeti) é unha república que abrangue o territorio da illa homónima, situada ó leste do mar Mediterráneo, 113 km ao sur de Turquía, 120 km ao oeste de Siria e 150 km ao leste da illa grega de Kastellorizo. Chipre ingresou como membro das Nacións Unidas o 20 de setembro de 1960 e foi un dos fundadores do Movemento de Países Non Aliñados até o seu ingreso na Unión Europea o 1 de maio de 2004.

Segundo a lei internacional, a illa de Chipre no seu todo é un estado independente, mais de facto atópase dividida dende o 15 de xullo de 1974 en dúas partes. Os dous terzos do sur forman o Chipre propiamente dito e o resto da illa, o terzo norte, é a coñecido como a República Turca do Norte de Chipre, baixo protección turca e sen recoñecemento internacional. Ámbolos dous territorios teñen a súa capital en Nicosia.

A actividade humana máis antiga coñecida na illa data do décimo milenio antes de Cristo. Os restos arqueolóxicos deste período inclúen a ben conservada aldea Neolítica de Khirokitia, e Chipre alberga algúns dos pozos de auga máis antigos do mundo.[1] Chipre foi colonizado polos gregos micénicos en dúas ondas no II milenio a.C. Como localización estratéxica no Meterráneo Oriental, foi posteriormente ocupada por varias potencias principais, incluíndo os imperios Asirio, Exipcio e Persa, a quen Alexandre o Grande arrebatoulles a illa no 333 a.C. Posteriormente sufriu o dominio do Exipto Tolemaico, de Roma e Imperio Romano de Oriente, Califatos Árabes durante un breve período, a dinastía Lusignan francesa e os venecianos que foron seguidos por máis de tres séculos de dominio otomán entre 1571 e 1878 (de iure ata 1914).[2]

Chipre foi posto baixo a administración do Reino Unido en base á Convención de Chipre en 1878 e foi anexada formalmente polo Reino Unido en 1914. O futuro da illa converteuse nun asunto de desacordo entre as dúas destacadas comunidades étnicas, os grecochipriotas, que constituían o 77% da poboación en 1960, e os turcochipriotas, que constituían o 18% da poboación. A partir do século XIX, a poboación grecochipriota perseguiu a enose, a unión con Grecia, que se converteu nunha política nacional grega na década de 1950.[3][4] A poboación turcochipriota defendeu inicialmente a continuación do goberno británico, pero logo esixiu a anexión da illa a Turquía, e na década de 1950, xunto con Turquía, estableceron unha política de taksim, a partición de Chipre e a creación dunha entidade política turca no norte.[5]

Despois da violencia nacionalista na década de 1950, Chipre logrou a a independencia en 1960.[6] A crise de 1963–64 levou a máis violencia intercomunal entre as dúas comunidades, desprazando a máis de 25.000 turcochipriotas a enclaves[7] e trouxo a fin da representación turcochipriota na república. O 15 de xullo de 1974, un golpe de estado organizado polos nacionalistas grecochipriotas[8][9] e elementos da xunta militar grega[10] nun intento de enose. Esta acción precipitou a invasión turca de Chipre o 20 de xullo,[11] que levou á captura do actual territorio do Norte de Chipre e ao desprazamento de máis de 150.000 grecochipriotas[12][13] e 50.000 turcochipriotas.[14] Un estado turcochipriota separado no norte estableceuse por declaración unilateral en 1983, a medida foi amplamente condenada pola comunidade internacional, só Turquía recoñeceu o novo estado. Estes acontecementos e a situación política resultante son cuestións dunha disputa continua.

A República de Chipre ten de iure soberanía sobre toda a illa, incluídas as súas augas territoriais e zona económica exclusiva, coa excepción das vases áreas soberanas de Akrotiri e Dhekelia, que permanecen baixo o control do Reino Unido segundo os Acordos de Londres e Zúrich. Non obstante, a República de Chipre está de facto dividida en dúas partes principais: a zona baixo o control efectivo da República, situada no sur e o oeste e que comprende preto do 59% da superficie da illa, e o norte,[15] administrado pola autodeclarada República Turca do Norte de Chipre, cubrindo preto do 36% da superficie da illa. O outro case 4% da superficie da illa está cuberto pola Zona neutral das Nacións Unidas. A comunidade internacional considera que a parte norte da illa é territorio da República de Chipre ocupado polas forzas turcas.[a] A ocupación considérase ilegal segundo o dereito internacional e equivale a ocupación ilegal do territorio da UE desde que Chipre se converteu en membro da Unión Europea.[21]

  1. "Stone Age wells found in Cyprus". BBC News. 25 de xuño de 2009. Arquivado dende o orixinal o 5 de outubro de 2013. Consultado o 31 de xullo de 2009. 
  2. "Treaty of Lausanne". Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2013. Consultado o 7 de outubro de 2014. 
  3. Faustmann, Hubert; Ker-Lindsay, James (2008). The Government and Politics of Cyprus. Peter Lang. p. 48. ISBN 978-3-03911-096-4. 
  4. Mirbagheri, Farid (2009). Historical Dictionary of Cyprus. Scarecrow Press. p. 25. ISBN 9780810862982. 
  5. Trimikliniotis, Nicos (2012). Beyond a Divided Cyprus: A State and Society in Transformation. Palgrave Macmillan. p. 104. ISBN 978-1-137-10080-1. 
  6. Cyprus date of independence Arquivado 13 de xuño deJune 2006 en Wayback Machine. (click on Historical review)
  7. "U.S. Library of Congress – Country Studies – Cyprus – Intercommunal Violence". Countrystudies.us. 21 de decembro de 1963. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2011. Consultado o 25 de outubro de 2009. 
  8. Mallinson, William (2005). Cyprus: A Modern History. I. B. Tauris. p. 81. ISBN 978-1-85043-580-8. 
  9. "website". BBC News. 4 de outubro de 2002. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2004. Consultado o 25 de outubro de 2009. 
  10. Constantine Panos Danopoulos; Dhirendra K. Vajpeyi; Amir Bar-Or (2004). Civil-military Relations, Nation Building, and National Identity: Comparative Perspectives. Greenwood Publishing Group. p. 260. ISBN 978-0-275-97923-2. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2015. Consultado o 20 de xuño de 2015. 
  11. Eyal Benvenisti (23 de febreiro de 2012). The International Law of Occupation. Oxford University Press. p. 191. ISBN 978-0-19-958889-3. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2015. Consultado o 20 de xuño de 2015. 
  12. Barbara Rose Johnston, Susan Slyomovics. Waging War, Making Peace: Reparations and Human Rights (2009), American Anthropological Association Reparations Task Force, p. 211 Arquivado 12 de abril de 2016 en Wayback Machine.
  13. Morelli, Vincent. Cyprus: Reunification Proving Elusive (2011), DIANE Publishing, p. 10 Arquivado 13 de abril de 2016 en Wayback Machine.
  14. Borowiec, Andrew. Cyprus: A Troubled Island (2000), Greenwood Publishing Group, p. 125 Arquivado 12 de abril de 2016 en Wayback Machine.
  15. "According to the United Nations Security Council Resolutions 550 and 541". United Nations. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2009. Consultado o 27 de marzo de 2009. 
  16. European Consortium for Church-State Research. Conference (2007). Churches and Other Religious Organisations as Legal Persons: Proceedings of the 17th Meeting of the European Consortium for Church and State Research, Höör (Sweden), 17–20 de novembro de 2005. Peeters Publishers. p. 50. ISBN 978-90-429-1858-0. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2016. Consultado o 20 de xuño de 2015. Hai poucos datos sobre o recoñecemento do "estatus legal" das relixións nos territorios ocupados, xa que ningún acto da "República Turca do Norte de Chipre" non está recoñecido nin pola República de Chipre nin pola comunidade internacional. 
  17. Quigley (6 de setembro de 2010). The Statehood of Palestine. Cambridge University Press. p. 164. ISBN 978-1-139-49124-2. Arquivado dende o orixinal o 6 de setembro de 2015. Consultado o 20 de xuño de 2015. A comunidade internacional considerou inválida esta declaración, ao considerar que Turquía ocupara un territorio pertencente a Chipre e que, polo tanto, o estado putativo era unha violación da soberanía chipriota. 
  18. Nathalie Tocci (xaneiro 2004). EU Accession Dynamics and Conflict Resolution: Catalysing Peace Or Consolidating Partition in Cyprus?. Ashgate Publishing, Ltd. p. 56. ISBN 978-0-7546-4310-4. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2015. Consultado o 20 de xuño de 2015. O territorio ocupado incluía o 70% do potencial económico da illa con máis do 50% da industrial ... Ademais, desde a partición Turquía fomentou a inmigración continental ao norte de Chipre. ... A comunidade internacional, excluíndo Turquía, condenou a declaración unilateral de independencia (UDI) como a. 
  19. Dr Anders Wivel; Robert Steinmetz (28 de marzo de 2013). Small States in Europe: Challenges and Opportunities. Ashgate Publishing, Ltd. p. 165. ISBN 978-1-4094-9958-9. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2015. Consultado o 20 de xuño de 2015. A día de hoxe, segue sen ser recoñecido pola comunidade internacional, excepto por Turquía 
  20. Peter Neville (22 de marzo de 2013). Historical Dictionary of British Foreign Policy. Scarecrow Press. p. 293. ISBN 978-0-8108-7371-1. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2015. Consultado o 20 de xuño de 2015. Ecevit ordenou ao exército ocupar a zona turca o 20 de xullo de 1974. Converteuse na República Turca do Norte de Chipre, pero Gran Bretaña, como o resto da comunidade internacional, agás Turquía, negouse a estender o recoñecemento diplomático ao enclave. Os esforzos británicos para asegurar a retirada de Turquía do seu territorio ocupado despois de 1974 fracasaron. 
  21. James Ker-Lindsay; Hubert Faustmann; Fiona Mullen (15 de maio de 2011). An Island in Europe: The EU and the Transformation of Cyprus. I.B.Tauris. p. 15. ISBN 978-1-84885-678-3. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2015. Consultado o 20 de xuño de 2015. Classified as illegal under international law, and now due to Cyprus' accession into the European Union is also an illegal occupation of EU territory. 


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "lower-alpha", pero non se atopou a etiqueta <references group="lower-alpha"/> correspondente


Developed by StudentB