Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2016.) |
anión cianuro | |
---|---|
Nitridocarbonato(II) | |
Identificadores | |
Número CAS | 57-12-5 |
PubChem | 5975 |
ChemSpider | 5755 |
UNII | OXN4E7L11K |
ChEBI | CHEBI:17514 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | CN |
Masa molar | 26,02 g mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O cianuro é un anión monovalente de representación CN-. O mesmo contén o grupo cianuro (:C≡N:), que consiste dun átomo de carbono cun enlace triplo cun átomo de nitróxeno.
Os compostos orgánicos que posúen grupo funcional -C≡N encostado a un residuo alquilo son denominados nitrilos segundo a nomenclatura IUPAC. Pódese atopar como cianuro de hidróxeno (ou ácido cianhídrico) xa sexa en fase acuosa (HCN(ac)) ou como parte de moléculas de gas (HCN(g)), formando compostos como o cloruro de cianóxeno (CNCl) e o bromuro de cianóxeno (CNBr), ou atoparse en complexos cristalinos tetraédricos como o cianuro de sodio (NaCN) e o cianuro de potasio (KCN). É utilizado no ámbito industrial, mineiro, na galvanoplastia de electrodeposición de zinc, ouro, cobre e especialmente prata e de uso na produción de plásticos de base acrílica. É moi tóxico, potencialmente letal.