Coencima B

Coencima B.
Nome IUPAC: ácido 2-[(7-mercapto-1-oxoheptil)amino]-3-fosfonooxibutanoico.

O coencima B é un coencima necesario para certas reaccións redox en bacterias metanóxenas. O nome químico completo da forma activa deste coencima é 7-mercaptoheptanoiltreoninafosfato.[1] A molécula contén un grupo tiol, que é o principal sitio de reacción.

O coencima B reacciona co 2-metiltioetanosulfonato (metil-Coencima M, abreviado CH3–S–CoM), orixinando metano na metanoxénese típica destas bacterias:[2]

CH3–S–CoM + HS–CoB → CH4 + CoB–S–S–CoM

Esta conversión está catalizada polo encima metil coencima M redutase, que contén o cofactor F430 como grupo prostético.

Unha conversión relacionada que utiliza tanto HS-CoB coma HS-CoM é a redución do fumarato a succinato, catalizada pola fumarato redutase destas bacterias:[3]

CH3–S–CoM + HS–CoB O2CCH=CHCO2-O2CCH2–CH2CO2- + CoB–S–S–CoM
  1. Noll KM, Rinehart KL, Tanner RS, Wolfe RS (1986). "Structure of component B (7-mercaptoheptanoylthreonine phosphate) of the methylcoenzyme M methylreductase system of Methanobacterium thermoautotrophicum". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 83 (12): 4238–42. PMC 323707. PMID 3086878. doi:10.1073/pnas.83.12.4238. 
  2. Thauer RK (1998). "Biochemistry of methanogenesis: a tribute to Marjory Stephenson. 1998 Marjory Stephenson Prize Lecture". Microbiology 144 (Pt 9): 2377–406. PMID 9782487. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2020. Consultado o 19 de outubro de 2011. 
  3. Heim S, Künkel A, Thauer RK, Hedderich R (1998). "Thiol:fumarate reductase (Tfr) from Methanobacterium thermoautotrophicum—identification of the catalytic sites for fumarate reduction and thiol oxidation". Eur. J. Biochem. 253 (1): 292–9. PMID 9578488. 

Developed by StudentB