Colesterol | |
---|---|
(3β)-colest-5-en-3-ol | |
2,15-dimetil-14-(1,5-dimetilhexil)tetraciclo[8.7.0.02,7.011,15]heptacos-7-en-5-ol | |
Outros nomes (10R,13R)-10,13-dimetil-17-(6-metilheptan-2-il)-2,3,4,7,8,9,11,12,14,15,16,17-dodecahidro-1H-ciclopenta[a]fenantren-3-ol, Colesterina, Colesteril alcohol | |
Identificadores | |
Número CAS | 57-88-5 |
PubChem | 5997 |
ChemSpider | 5775 |
UNII | 97C5T2UQ7J |
KEGG | D00040 |
ChEBI | CHEBI:16113 |
ChEMBL | CHEMBL112570 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C27H46O |
Masa molecular | 386,65 g/mol |
Aspecto | pos cristalinos brancos[1] |
Densidade | 1,052 g/cm3 |
Punto de fusión | 148–150 °C[1] |
Punto de ebulición | 360 °C (descomponse) |
Solubilidade en auga | 0,095 mg/L (30 °C) |
Solubilidade | soluble en acetona, benceno, cloroformo, etanol, éter, hexano, isopropil miristato, metanol |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O colesterol (do grego chole-, bile, e stereos, sólido, e co sufixo químico -ol de alcohol), é un lípido esteroide do grupo dos esterois,[2] que se biosintetiza de forma natural e é necesario para o organismo e beneficioso en cantidades normais, pero que en exceso é prexudicial para a saúde. O exceso de colesterol no torrente sanguíneo provoca que se deposite en forma de placas nas arterias. As placas provocan a arteriosclerose e o conseguinte estreitamento das arterias. Se a arteria que se obstrúe pertence o sistema coronario do corazón que rega as paredes do corazón producirase un infarto de miocardio. O colesterol é biosintetizado por practicamente todas as células animais, xa que é un compoñente esencial na estrutura das súas membranas celulares (pero non nas das bacterias e só aparece en pequenas cantidades nas das plantas), xa que mantén a integridade estrutural da membrana e a súa fluidez. Ademais, do colesterol derivan importantes substancias metabólicas, como as hormonas esteroides, ácidos biliares, e a vitamina D.[3] O colesterol é o principal esterol sintetizado polos animais. Practicamente todos os tipos de células animais o producen. En vertebrados as células hepáticas producen maiores cantidades que outras células, e tamén abunda nos tecidos cerebrais e pancreáticos e na medula espiñal. Está case ausente en procariotas (bacterias e arqueas), aínda que hai algunhas excepcións, como os Mycoplasma, que necesitan colesterol para crecer.[4] Nas plantas tamén está presente, pero é máis escaso.
François Poulletier de la Salle foi o primeiro que identificou o colesterol en forma sólida en cálculos biliares en 1769. Porén, non se lle deu nome ata que en 1815 Michel Eugène Chevreul o denominou colesterina.[5][6]