Comcast

Logo de Comcast
Comcast Center, en Filadelfia, a sede central da compañía

Comcast Corporation é unha compañía de telecomunicacións estadounidense fundada en 1963, é o primeiro operador[1] de televisión por cable, o segundo provedor[2] de Internet, e a terceira compañía telefónica [3] dos Estados Unidos, ofrece os seus servizos en 39 dos seus estados e no Distrito de Columbia[4]. Tamén opera as súas propias canles de televisión: Comcast Network, Comcast SportsNet, SportsNet New York, MLB Network, Comcast Sports Southeast/Charter Sports Southeast, E! Entertainment, Style Network, G4, Versus, The Golf Channel, AZN Television e FEARnet. En agosto de 2010 Comcast mercou a maioría de NBC Universal.

  1. "National Cable & Telecommunications Association, Top 25 MSOs - As of March 2010". Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2010. Consultado o 25 de setembro de 2010. 
  2. "ISP-Planet". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2011. Consultado o 25 de setembro de 2010. 
  3. DLS Reports
  4. "Comcast 2008 Form 10 K" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de abril de 2017. Consultado o 25 de setembro de 2010. 

Developed by StudentB