O caso comitativo expresa a relación de compañía. Algunhas das linguas nas que se emprega este caso son o finés, o húngaro e o estoniano.
En estoniano, o comitativo fórmase engadindo o sufixo '-ga' ao xenitivo cando o número é singular:
Ademais, engádense os sufixos '-de' e '-ga' ao partitivo en plural:
En estoniano, o comitativo emprégase cando se utiliza un utensilio - kirvega («cun machado/ utilizando un machado») ou para denotar transporte laevaga («en barca»).