Como forma musical (non como interpretación dunha ou máis obras musicais ante un público), tradicionalmente coñécese como concerto, abreviándoo de concerto per soli (concerto para solistas) unha composición para un, dous (dobre), tres (triplo) ou máis instrumentos con acompañamento orquestral.[1][2] Como denominación anterior historicamente a palabra concerto é sinónima do termo concertante.