Distribución de momentos que confirma a existencia dun novo estado de agregación da materia, o condensado de Bose-Einstein. Datos obtidos nun gas de átomos de rubidio, a coloración indica a cantidade de átomos a cada velocidade, co vermello indicando a menor e o branco indicando a maior. As áreas brancas e celestes indican as menores velocidades. Á esquerda obsérvase o diagrama inmediato anterior ao condensado de Bose-Einstein e ao centro o inmediato posterior. Á dereita obsérvase o diagrama logo de certa evaporación, coa substancia próxima a un condensado de Bose-Einstein puro. O pico non é infinitamente angosto debido ao Principio de indeterminación de Heisenberg: dado que os átomos están confinados nunha rexión do espazo, a súa distribución de velocidades posúe necesariamente un certo ancho mínimo. A distribución da esquerda é para T > Tc (sobre 400 nanokelvins (nK)), a central para T < Tc (sobre 200 nK) e a da dereita para T << Tc (sobre 50 nK)