State of Connecticut (en) | |||||
Himno | Yankee Doodle (pt) (1978) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Qui Transtulit Sustinet (en) » | ||||
Símbolo oficial | Tordo-americano (pt) (aves) | ||||
Alcume | The Constitution State, The Provisions State, The Nutmeg State e The Land of Steady Habits | ||||
Epónimo | Río Connecticut | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Capital | Hartford | ||||
Contén a división administrativa | Capitol Planning Region (en) Greater Bridgeport Planning Region (en) Lower Connecticut River Valley Planning Region (en) Naugatuck Valley Planning Region (en) Northeastern Connecticut Planning Region (en) Northwest Hills Planning Region (en) South Central Connecticut Planning Region (en) Southeastern Connecticut Planning Region (en) Western Connecticut Planning Region (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.605.944 (2020) (251,16 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 1.385.437 (2020) | ||||
Lingua oficial | sen valor | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 14.357 km² | ||||
Auga | 12,65 % | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 152 m | ||||
Punto máis alto | Mount Frissell (en) (748 m) | ||||
Punto máis baixo | Long Island Sound | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 9 de xaneiro de 1788 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Government of Connecticut (en) | ||||
• Governor of Connecticut (en) | Ned Lamont (pt) (2019–sen valor) | ||||
Órgano lexislativo | Asemblea Xeral de Connecticut , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Connecticut Supreme Court (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | US-CT | ||||
Identificador GNIS | 1779780 | ||||
Sitio web | portal.ct.gov | ||||
Connecticut, ou Estado de Connecticut,[1] é o estado máis meridional da rexión de Nova Inglaterra, localizado ao nordés dos Estados Unidos de América. Linda ao leste co estado de Rhode Island, ao norte co estado de Massachusetts, ao oeste co estado de Nova York e, co estuario de Long Island Sound, cara o sur. A súa capital é Hartford, mentres que a cidade máis poboada é Bridgeport. Connecticut atópase entre os principais centros urbanos das cidades de Nova York e de Boston, ao longo da Megalópole do Nordés, onde a área metropolitana de Nova York, que posúe seis das sete cidades máis grandes de Connecticut, se estende ata o suroeste do estado. Connecticut é o 3o estado máis pequeno por área, após Rhode Island e Delaware, así coma o 29o máis poboado, con pouco máis de 3,6 millóns de habitantes en 2020,[2] converténdoo deste xeito no 4o estado máis densamente poboado do país.
O estado é nomeado segundo o río Connecticut, o máis longo de Nova Inglaterra, que desemboca en Long Island Sound, entre os pobos de Old Saybrook e Old Lyme, dividindo o estado en dous. O nome do río, en vez, provén dunha adaptación anglicizada de "Quinnetuket", unha verba mohegan-pequot que significa "río longo das mareas".[3] Antes da chegada dos primeiros colonos europeos, a rexión estaba habitada por varias tribos algonquinas. En 1633, a Compañía Holandesa das Indias Occidentais estableceu un pequeno asentamento de curta duración chamado "Huys de Hoop", é dicir, "Casa da Esperanza", en Hartford. Inicialmente, a metade de Connecticut foi reclamada pola Colonia Neerlandesa dos Novos Países Baixos, que incluía gran parte do territorio entre os ríos Connecticut e Delaware, aínda que os primeiros asentamentos importantes foron estabelecidos polos ingleses ao redor da mesma época.
A principal fonte de renda de Connecticut é a prestación de servizos financeiros e inmobiliarios. A capital do Estado, Hartford, é coñecida nacionalmente como Insurance City (A Cidade dos Seguros), por mor da gran cantidade de compañías de seguros que están situadas na cidade.
Connecticut foi unha das Trece Colonias orixinalmente colonizadas polo Reino Unido. A colonia de Connecticut foi a primeira subdivisión localizada no que son actualmente os Estados Unidos de América en posuír unha Constitución escrita, chamada Fundamental Orders (Mandatos Fundamentais), ou First Orders (Primeiras Ordes), adoptada o 14 de xaneiro de 1639. Esta Constitución colonial serviría de base para a formación da Constitución americana. Oficiais de Connecticut tiveron un papel esencial na aprobación do "gran Compromiso" realizado na Convención Constitucional de 1787, que deu ao Congreso dos Estados Unidos o seu formato actual. Por mor destes eventos, Connecticut foi alcumado The Constituition State (O Estado da Constitución), e o Gran Compromiso de 1787 pasou a ser coñecido nacionalmente como Compromiso de Connecticut. O 9 de xaneiro de 1788, Connecticut converteuse no quinto Estado americano.
A orixe do nome "Connecticut" provén da palabra nativoamericana Quinnehtujqut, que significa "Lugar do Longo Río". Os primeiros europeos en instalarse de forma permanente na rexión de Connecticut foron puritanos ingleses, vindos de Massachusetts, en 1633. The Nutmeg State é outro alcume popular de Connecticut, e os habitantes deste Estado son coñecidos nacionalmente como un "nutmegger".