Cor | Lonxitude de onda | Frecuencia |
---|---|---|
Vermello | ~ 625-740 nm | ~ 480-405 THz |
Laranxa | ~ 590-625 nm | ~ 510-480 THz |
Amarelo | ~ 565-590 nm | ~ 530-510 THz |
Verde | ~ 500-565 nm | ~ 600-530 THz |
Ciano | ~ 485-500 nm | ~ 620-600 THz |
Azul | ~ 440-485 nm | ~ 680-620 THz |
Violeta | ~ 380-440 nm | ~ 790-680 THz |
Cor | /nm | /1014 Hz | /104 cm−1 | /eV | /kJ mol−1 |
---|---|---|---|---|---|
Infravermello | >1000 | <3.00 | <1.00 | <1.24 | <120 |
Vermello | 700 | 4.28 | 1.43 | 1.77 | 171 |
Laranxa | 620 | 4.84 | 1.61 | 2.00 | 193 |
Amarelo | 580 | 5.17 | 1.72 | 2.14 | 206 |
Verde | 530 | 5.66 | 1.89 | 2.34 | 226 |
Azul | 470 | 6.38 | 2.13 | 2.64 | 254 |
Violeta | 420 | 7.14 | 2.38 | 2.95 | 285 |
Ultravioleta próximo | 300 | 10.0 | 3.33 | 4.15 | 400 |
Ultravioleta distante | <200 | >15.0 | >5.00 | >6.20 | >598 |
A cor é a impresión producida por un ton de luz nos órganos visuais, ou máis exactamente, é unha percepción visual que se xera no cerebro dos humanos e outros animais ao interpretar as sinais nerviosos que lle envían os fotorreceptores na retina do ollo, que á súa vez interpretan e distinguen as distintas lonxitudes de onda que captan da parte visible do espectro electromagnético. É estudado pola ciencia da cor.[1]
Para observar a cor debe de haber luz, cando a luz reflíctese as cores rebotan do obxecto.
Todo corpo iluminado absorbe unha parte das ondas electromagnéticas e reflicte as restantes. As ondas reflectidas son captadas polo ollo e interpretadas no cerebro como distintas cores segundo as lonxitudes de ondas correspondentes.
O ollo humano só percibe as lonxitudes de onda cando a iluminación é abundante. Con pouca luz vese en branco e negro. Na superposición de cores luz (denominada "síntese aditiva da cor"), a cor branca resulta da suma de todas cores luz, mentres que o negro é a ausencia de luz. Na mestura das cores primarias na síntese sustractiva da cor, (pigmentos amarelo, ciano e maxenta); o branco só dáse se o pigmento ou o soporte son desa cor, reflectindo toda a luz branca, mentres que o negro é resultado da superposición completa das cores ciano, magenta e amarelo e verde e unha mestura que en certa medida logra absorber todas as lonxitudes de onda da luz.
A luz branca pode ser descomposta en todas as cores do espectro visible por medio dun prisma (dispersión refractiva). Na natureza esta descomposición dá lugar ao arco da vella.
Na arte da pintura, o deseño gráfico, o deseño visual, a fotografía, a imprenta e na televisión, a teoría da cor é un grupo de regras básicas na mestura de cores para conseguir o efecto desexado combinando cores de luz ou pigmento. A cor negra pódese producir combinando cores luz secundarios: ciano, mestura de verde e azul, maxenta, mestura de azul e vermello, amarelo, mestura de vermello e verde; e mentres que combinando cores luz primarios: vermello, verde e azul prodúcese a cor branca.
En resumo a combinación de cores luz secundarios (ciano, maxenta, amarelo) subtraen luz, como o seu nome indíca, e obtense a cor negra. E a combinación de cores luz primarios (verde, vermello, azul) suman luz, e obtense a cor branca.
Así mesmo a cor é un aspecto físico da natureza. A cor dun material determínase pola lonxitude de onda dos raios luminosos que refliten as súas moléculas constituíntes. Un obxecto terá unha cor determinada se reflicte (non absorbe) exactamente os raios correspondentes á frecuencia daquela cor.
Así, un obxecto é vermello se absorbe todos os raios de luz, agás o vermello.
A cor relaciónase cos diferentes lonxitudes de onda do espectro electromagnético. Son percibidas a través dos órganos de visión na faixa da "zona visíbel" como unha sensación que nos permite diferenciar os obxectos do espazo con maior precisión.
Considerando as cores como luz, a cor branca resulta da superposición de todas as cores, en canto o negro é a ausencia de luz. A luz branca pódese descompor en todas as cores (o espectro) por medio dun prisma. Na natureza, esta descomposición orixina un arco da vella.