Cultura

Petróglifos en Gobustán, Acerbaixán, datan duns 10.000 anos a.C. indicando unha cultura próspera.

Cultura (do latín cultura, cultivar o solo, coidar) é un termo con varias acepcións, é dicir, é un termo polisémico, en diferentes niveis de profundidade e diferente especificidade. No uso cotián, a palabra cultura emprégase para dous conceptos diferentes:

  • Excelencia no gusto polas belas artes e as humanidades, tamén coñecida como alta cultura.
  • Os conxuntos de saberes, crenzas e pautas de conduta dun grupo social, incluídos os medios materiais que usan os seus membros para comunicarse entre si e resolver necesidades de todo tipo

Segundo a filosofía é o conxunto de manifestacións humanas que contrastan coa natureza ou comportamento natural. Pola súa quenda, en bioloxía unha cultura é normalmente unha creación especial de organismos (en xeral microscópicos) para fins determinados (por exemplo: estudo de modos de vida bacterianos, estudos microecolóxicos etc). No día-a-día das sociedades civilizadas (especialmente a sociedade occidental) e no vulgo acostuma ser asociada á adquisición de coñecementos e prácticas de vida recoñecidas como mellores, superiores, ou sexa, erudición; este sentido normalmente se asocia ao que é tamén descrito como “alta cultura”, e é empregado apenas no singular (non existen culturas, apenas unha cultura ideal, á cal os homes indistintamente deben se encadrar).

A antropoloxía encara a cultura como o total de padróns aprendidos e desenvolvidos polo ser humano. Segundo a definición pioneira de Edward Burnett Tylor, baixo a etnoloxía (ciencia relativa especificamente do estudo da cultura) a cultura sería “o complexo que inclúe coñecemento, crenzas, arte, morais, leis, costumes e outras aptitudes e hábitos adquiridos polo ser humano como membro da sociedade.”

Polo tanto corresponde, neste último sentido, ás formas de organización dun pobo, os seus costumes e tradicións transmitidas de xeración para xeración que, a partir dunha vivencia e tradición común, se presentan como a identidade dese pobo.

O uso de abstracción é unha característica do que é cultura: os elementos culturais só existen na mente das persoas, nos seus símbolos tales como patróns artísticos e mitos. Mentres fálase tamén en cultura material (por analoxía a cultura simbólica) cando do estudo de produtos culturais concretos (obras de arte, escritos, ferramentas etc). Esa forma de cultura (material) é preservada no tempo con máis facilidade, unha vez que a cultura simbólica é extremadamente fráxil.


Developed by StudentB