David Bohm

Infotaula de personaDavid Bohm

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) David Joseph Bohm
(hu) Böhm Dávid József Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de decembro de 1917 Editar o valor em Wikidata
Wilkes-Barre, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte27 de outubro de 1992 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
Brasil
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Bristol (pt) Traducir
Universidade de California en Berkeley
Instituto Tecnolóxico de California
G. A. R. Memorial Junior Senior High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseRobert Oppenheimer Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica, física cuántica e quantum theory (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísico , profesor universitario , filósofo , científico nuclear Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de São Paulo
Universidade de Princeton
Technion (pt) Traducir
Universidade de California en Berkeley
Birkbeck College
Universidade de Bristol (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
1939Proxecto Manhattan Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoDavid Pines (pt) Traducir, Yakir Aharonov, Jeffrey Bub (pt) Traducir, Harry Lipkin (pt) Traducir e Eugene Gross (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

BNE: XX865854 WikiTree: Bohm-446

David Joseph[1] ou Joseph David[2] Bohm (/bm/), coñecido como David Bohm, nado en Wilkes-Barre, Pensilvania, o 20 de decembro de 1917 e finado en Londres o 27 de outubro de 1992 foi un físico teórico estadounidense, brasileiro e británico que fixo importantes e pouco ortodoxas contribucións nos campos da física teórica, a epistemoloxía e a neuropsicoloxía. Foi considerado como un dos maiores físicos cuánticos de todos os tempos[3].

Avanzou a opinión de que a física cuántica significaba que o vello modelo cartesiano da realidade -que hai dous tipos de substancias, a mental e a física, que interactúan dalgún xeito- era demasiado limitado. Para complementalo, desenvolveu unha teoría matemática e física da orde "implícita" e "explícita".[4][5] Cría que o cerebro, a nivel celular, funciona segundo as matemáticas dalgúns efectos cuánticos, e postulou que o pensamento se distribúe e non está localizado igual que as entidades cuánticas.

Bohm advertiu dos perigos da tecnoloxía desenfreada, defendendo a necesidade dun diálogo auténtico de apoio, que afirmou que podería ampliar e unificar divisións conflitivas e problemáticas no mundo social. Nisto, a súa epistemoloxía reflectiu a súa ontoloxía.[6] Polas súas afiliacións comunistas, foi obxecto dunha investigación do goberno en 1949, o que o levou a abandonar os Estados Unidos.[7] Seguiu a súa carreira científica en varios países, converténdose primeiro en brasileiro, sendo no Brasil profesor universitario, e despois en cidadán británico.

A principal preocupación de Bohm era comprender a natureza da realidade en xeral e da conciencia en particular como un todo coherente, que, segundo el, nunca é estático nin completo.

  1. "David Bohm - Biografía de David Bohm". www.biografias.es. Consultado o 2022-07-17. 
  2. "FamilySearch.org; Joseph David Bohm". ancestors.familysearch.org. Consultado o 2022-07-17. 
  3. F. David Peat, Infinite Potential: The Life and Times of David Bohm, Reading, Massachusetts: Addison Wesley, 1997, pp. 316-317. ISBN 0-201-32820-8.
  4. David Bohm: A totalidade e a ordem implicada , Routledge, 1980 (ISBN 0-203-99515-5).
  5. Mardegan, Guto. "DAVID BOHM A Totalidade e a Ordem Implicada". 
  6. David Bohm: On Dialogue (2004) Routledge
  7. "David Bohm, o comunista rebelde da mecânica quântica que era amigo de Einstein e deu aula na USP". BBC News Brasil (en portugués). Consultado o 2022-07-25. 

Developed by StudentB