De Dion-Bouton | |
---|---|
Logo da compañía | |
Fundación | 1883 |
Localización | Puteaux, Francia |
Fundador | Jules-Albert de Dion Georges Bouton Charles Trépardoux |
Industria | Automóbil |
Produtos | Automóbiles e motores |
[ editar datos en Wikidata ] |
De Dion-Bouton foi un fabricante francés de automóbiles e vagóns ferroviarios que operou entre 1883 e 1953. A empresa fundouna o Marqués Jules-Albert de Dion, Georges Bouton, e o cuñado de Bouton, Charles Trépardoux.
A compañía formouse despois de que Dion de 1881 vira unha locomotora de xoguete con motor de vapor na vitrina dunha tenda e preguntou na tenda de xoguetes como construír outra. Estes fabricantes de xoguetes eran os enxeñeiros Bouton e Trépardoux, que vivían con dificultade da súa tenda de xoguetes científicos localizados no Paso de Léon (preto da "rue de la Chapelle" en París).
Trépardoux soñara por moito tempo coa construción dun coche de vapor, pero nunca tivo cartos para permitirseo. De Dion, inspirado polo potencial do vapor (aínda pensando en locomotoras) e con abundancia de diñeiro, aceptou financialo, e fundaron De Dion, Bouton et Trépardoux en París en 1883.[1]
Co tempo, a empresa De Dion-Bouton converteríase no maior fabricante de automóbiles do mundo durante un tempo, destacando pola calidade, fiabilidade e durabilidade dos seus vehículos.[2]