De Magnete

De Magnete
Autor/aWilliam Gilbert
Lingualingua latina
Data de pub.1600
editar datos en Wikidata ]


De magnete, magneticisque corporibus, et de magno magnete tellure (Sobre os imáns, os corpos magnéticos e o gran imán terrestre), máis coñecido como De magnete, é un traballo científico realizado en 1600 polo médico, físico e científico inglés William Gilbert.

Neste traballo Gilbert describe varias das súas experiencias co seu modelo da Terra denominado terrella. A partir dos experimentos chegou á conclusión de que a Terra era magnética e que este era o motivo polo cal os compáses apuntaban ao norte (naquel momento pensábase que a Estrela Polar ou unha grande illa magnética situada no polo norte atraía a agulla do compás). En De magnete tamén publicou os seus estudos sobre a electricidade estática producida polo ámbar. O ámbar en grego denomínase elektron e electrum en latín, por iso Gilbert referiuse ao fenómeno co adxectivo electricus e o nome electricitas, que darían paso aos termos modernos eléctrico e electricidade.

De magnete tivo grande influencia, non tan só polo interese inherente ao tema que trataba, senón polo rigor co que Gilbert describiu os seus experimentos e as súas obxeccións ás antigas teorías sobre o magnetismo. Gilbert recoñeceu o legado científico dos traballos de Pierre de Maricourt e incorporou os experimentos deste científico francés do século XIII ao seu tratado.[1] A pesar de que o seu pensamento foi fortemente influenciado polo misticismo da súa época, Gilbert foi un dos pioneiros da física experimental, atendendo que realizar estudos e experimentos que puidesen atentar contra a doutrina da Igrexa Católica era perigoso e arriscado (o mesmo ano que se publicou De magnete, Giordano Bruno foi queimado no Campo de' Fiori de Roma pola Inquisición).

  1. Jean Gimpel, The Medieval Machine: The Industrial Revolution of the Middle Ages (New York, Penguin, 1976), páx. 194

Developed by StudentB