De acordo coa segunda lei da termodinámica, a entropía dun sistema illado non diminúe( Todo Sistema abandonado á súa propia sorte dexenera ). Para mostrar que tal lei ten carácter estatístico, J.C. Maxwell, no 1871, argumentou que a presenza dun “demo” intelixente microscópico violaría esa lei!
Ese minúsculo ser intelixente conseguiría observar o estado microscópico dun sistema físico e aproveitar a ocorrencia de flutuacións favorábeis para diminuír a entropía.
Segundo Maxwell :
Por que este “demo” non viola a 2a lei da termodinámica?
Desde entón, innúmeros físicos tentaron escapar desta posibilidade. Szilard (1929) fixo un grande avance ao argumentar que a caída de entropía do gas compensaríase cun aumento da entropía na cabeza do “demo”. Esmiuzando esta idea, na década de 1950, Brillouin e Gabor argumentaron que a medición que o “demo” fai da posición dunha molécula é o que levaría a un aumento compensatorio de entropía (a absorción dun fotón disipa enerxía).
Cando todo parecía resolto, Charles Bennett (IBM) – que se dera a coñecer ao mostrar que é posíbel facer calquera computación de maneira reversíbel – mostrou que é o borrado de información o que disipa enerxía no “demo”, e non a mera realización dunha medición!
Esta explicación é hoxe en día a hexemónica, mais aínda hai discípulos de Brillouin que a combaten.