O dereito é a orde normativa[2] e institucional da condutahumana en sociedade inspirada en postulados de xustiza e certeza xurídica[3], baseado nas relacións sociais existentes que determinan o seu contido e carácter. Noutras palabras, é o conxunto de normas que regulamentan a convivencia social e permiten resolver os conflitos interpersoais.
A anterior definición define o dereito positivo ou efectivo, pero non explica o seu fundamento; é por iso que xuristas, filósofos e teóricos do dereito levan proposto diversas definicións alternativas, sen que exista consenso, ata a data. O estudo do concepto do Dereito realízao unha das súas ramas, a Filosofía do dereito.
Desde o punto de vista obxectivo, dise do conxunto de leis, regulamentos e demais resolucións, de carácter permanente e obrigatorio, criadas polo Estado para a conservación da orde social. Isto é, tendo en conta a validez, é dicir, se se levou a cabo o procedemento adecuado para a súa creación, independentemente da súa eficacia (se é acatada ou non) e do seu ideal axiolóxico (se busca concretar un valor como a xustiza, a paz, a orde, o ben común, etcétera).
O dereito subxectivo é a facultade que outorgou o ordenamento xurídico a un suxeito (por exemplo, dereito á nacionalidade, dereito á saúde, dereito a demandar, dereito a manifestarse libre e pacificamente etc.).[4][5][6][7][8][9]
↑Luban, David (2001). "Law´s Blindfold". En Davis, Michael; Stark, Andrew. Conflict of interest in the professions(en inglés). Oxford University Press. p. 23. ISBN0-19-512863-X.
↑Williams Benavente, Jaime (2003). Lecciones de Introducción al Derecho(en castelán) (4ª ed.). Santiago de Chile: Fundación de Ciencias Humanas. ISBN956-7098-06-9.