O DOI ou identificación de material dixital (en inglés, digital objet identifier) é un tipo de identificador persistente ou handle único que permite identificar de modo unívoco diversos obxectos dixitais.[1] Foi estandarizado pola Organización Internacional para a Estandarización (ISO 26324:2012).[2] O DOI forma parte un sistema estándar para a identificación e localización de obras difundidas a través de calquera tipo de formato dixital, por exemplo Internet.
É un sistema parecido aos identificadores URI. Unha forma común de empregar o sistema DOI é dar ás publicacións científicas un número específico que calquera pode utilizar para localizar a través da Rede o citado artigo. A diferenza do sistema URL, usado nas páxinas web, o sistema DOI non cambia co paso do tempo, aínda que o artigo sexa recolocado nun enderezo distinto posto que leva a información incorporada en forma de metadatos.
O sistema de control DOI foi elaborado pola Corporación Nacional para Iniciativas de Investigación (CNRI), unha asociación estadounidense non lucrativa destinada a promover o desenvolvemento das tecnoloxías da información e a comunicación no campo da investigación científica.
A Fundación DOI xestiona o sistema DOI en nome das axencias encargadas dos rexistros DOI e é unha autoridade de rexistro da ISO 26324.[3]