Dinamarca

Modelo:Xeografía políticaDinamarca
Kongeriget Danmark (da)
Danmarks Rige (da)
Danmark (da) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoDer er et yndigt land Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 56°N 10°L / 56, 10
EstadoDinamarca Editar o valor en Wikidata
CapitalCopenhague Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Condado de Copenhaga (pt) Traducir (1970–2006)
Condado de Ribe (pt) Traducir (1970–2006)
Condado de Ringkobing (pt) Traducir (1970–2006)
Condado de Roskilde (pt) Traducir (1970–2006)
Dinamarca do Sul (pt) Traducir (2007–)
Fiónia (pt) Traducir (1970–2006)
Frederiksborg (pt) Traducir (1970–2006)
Jutlândia Central (pt) Traducir (2007–)
Jutlândia do Norte (pt) Traducir (1970–2006)
Jutlândia do Sul (pt) Traducir (1972–2006)
Rexión de Hovedstaden (2007–)
Storstrom (pt) Traducir (1971–2006)
Xutlandia do Norte (2007–)
Zelândia (pt) Traducir (2007–) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación5.827.463 (2019) Editar o valor en Wikidata (135,76 hab./km²)
Lingua oficiallingua dinamarquesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie42.925,46 km² Editar o valor en Wikidata
Auga1,6 % Editar o valor en Wikidata
Lonxitude da costa7.314 km Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar do Norte e Mar Báltico Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMøllehøj (pt) Traducir (170,86 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoLammefjord (en) Traducir (−7,5 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creaciónséculo VIII Editar o valor en Wikidata
Sucedido porErik the Red's Land (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernomonarquía constitucional (1849–) Editar o valor en Wikidata
• Monarca Editar o valor en WikidataFrederico X de Dinamarca (2024–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGovernment of Denmark (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor en WikidataMette Frederiksen (2019–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoFolketinget , (Escano: 179) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal398.303.272.764 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
MoedaCoroa dinamarquesa Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.dk Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+45 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112 Editar o valor en Wikidata
Código de paísDK Editar o valor en Wikidata
Código NUTSDK Editar o valor en Wikidata

Páxina webdenmark.dk Editar o valor en Wikidata
Facebook: denmark.dk Twitter: denmarkdotdk Instagram: denmarkdotdk Youtube: UCHwCmdxnMAWK0WqRtC2ISAQ Editar o valor en Wikidata

Dinamarca (Gl-Dinamarca.ogg pronunciación ) (en dinamarqués: Danmark), cuxo significado literal é "a terra ou marca dos dinamarqueses", oficialmente Reino de Dinamarca (Gl-Reino de Dinamarca.ogg pronunciación ) (en dinamarqués: Kongeriget Danmark), é o menor en extensión entre os países nórdicos, ademais do máis meridional, formando parte de Escandinavia. Ten os seus límites terrestres ao sur con Alemaña e dende 1999 atópase unida por estrada e ferrocarril con Suecia pola Ponte de Oresund, ao sueste do país. Rodeada polos mares Báltico e do Norte, limita ao norte con Noruega a través do estreito de Skagerrak. Conta ademais con dous territorios dependentes, Groenlandia e as Illas Feroe, os cales gozan dun elevado nivel de autonomía. O territorio dinamarqués comprende 443 illas, entre as que destacan Selandia, Fionia, Vendsyssel-Thy, Lolland e Bornholm, a máis afastada do arquipélago. Esta posición deu a Dinamarca, historicamente, o control sobre o acceso ao mar Báltico.

Dinamarca é unha monarquía constitucional dende 1849, data na que quedou abolida a monarquía absoluta que rexera o país dende 1660, e converteuse en monarquía parlamentaria en 1901. En termos de permanencia, a monarquía dinamarquesa pode considerarse a segunda máis antiga do mundo, despois da casa imperial do Xapón, ao existir durante polo menos un milenio. Dinamarca forma parte da Unión Europea (aínda que non emprega o euro). Cando o país se adheriu á CEE en 1973, fíxoo sen as Illas Feroe, mentres que Groenlandia optou por separarse da CEE en 1985. Tamén se converteu nun membro fundador da OTAN en 1949, rematando coa tradicional política de neutralidade que o país sostivera ata ese momento.

Pola súa natureza pobre en recursos xeolóxicos, Dinamarca sostivo a súa economía na actividade agrícola grazas ás súas granxas, a explotación pesqueira e a industria naval. No último século, os dinamarqueses deron un pulo á industrialización do seu país e favoreceron o establecemento dun estado de benestar, garantindo o acceso a servizos públicos dende que en 1933 se asinase o acordo de Kanslergade. Dinamarca foi ocupada polos nazis durante a segunda guerra mundial.


Developed by StudentB