Dinosauro

Dinosauros
Rango fósil: Triásico - Actualidade

A colección de esqueletos fósiles de dinosauros. No sentido das agullas do reloxo dende a esquerda: Microraptor gui, Apatosaurus louisae, Stegosaurus stenops, Triceratops horridus, Edmontosaurus regalis, Gastonia burgei.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Reptilia
Subclase: Diapsida
Infraclase: Archosauromorpha
(sen clasif.): Archosauria
Superorde: Dinosauria
Grupos maiores

Dinosauro (do grego déinos, 'terríbel', e saurós, 'lagarto', e, por extensión, réptil) é a denominación dada a calquera membro dun grupo de arcosauros que xurdiron a fins do período Triásico (preto de 230 millóns de anos atrás) e dominante da fauna terrestre durante boa parte da era Mesozoico, desde o inicio do Xurásico ata o final do Cretáceo (preto de 65 millóns de anos atrás), cando a extinción de case todas as liñaxes, a excepción das aves, únicos representantes actuais. Distinto doutros arcosauros por un conxunto de características anatómicas, entre as cales se destacan a posición dos membros en relación ao corpo, proxectados directamente para abaixo, e o acetábulo (encaixe do fémur) aberto.

Ata finais do século XX, todos os grupos de dinosauros críanse que foran extinguidos; porén, o rexistro fósil indica que as aves son as devanceiras dos dinosauros emplumados, evolucionando dende os antecesores terópodos durante o período Xurásico[1] e agora chamados «dinosauros aviarios». Como tal, as aves foron a única liñaxe dos dinosauros que sobreviviu á extinción masiva[2]. Ao longo do resto do artigo, o termo «dinosauros» é, ás veces, empregado xeralmente para se referir tanto aos dinosauros aviarios coma aos non-aviarios, mentres que outras veces é usado para se referir especificamente aos dinosauros non-aviarios, e os dinosauros aviarios son ás veces sinxelamente nomeados como «aves». Este artigo ocúpase principalmente dos dinosauros non-aviarios.

Os dinosauros son un grupo variado de animais dende o punto de vista taxonómico, morfolóxico e ecolóxico. As aves, cunhas 10 000 especies vivas[3], son o grupo máis variado dos vertebrados á parte dos peixes perciformes[4]. Coa evidencia fósil, os paleontólogos identificaron ao redor de 500 xéneros[5] distintos e máis de 1000 especies diferentes de dinosauros non-aviarios.

Os dinosauros son representados en cada continente polas especies existentes a mailos restos fósiles[6]. Algúns son herbívoros, outros carnívoros. Mentres os dinosauros eran ancestralmente bípedes, moitos grupos extintos incluían especies cuadrúpedes, e algúns eran capaces de cambiar entre estas posturas. Estruturas elaboradas como cornos ou cristas son comúns a todos os grupos de dinosauros e algúns grupos extintos desenvolveron modificacións esqueléticas como armaduras e pugas. A evidencia suxire que a posta de ovos e a construción do niño son trazos adicionais compartidos por todos os dinosauros.

Mentres que as liñaxes modernas superviventes dos dinosauros (aves) son xeralmente pequenas debido ás limitacións do voo, moitos dinosauros prehistóricos tiñan un corpo grande —os dinosauros saurópodos máis grandes acadaron lonxitudes de 39,7 metros[7] e alturas de 18 metros[8] e eran daquela os animais terrestre máis grandes. Aínda así, a idea de que os dinosauros non-aviarios foron uniformemente xigantes é un erro baseado en parte no erro sistemático da preservación, como os ósos grandes e fortes son máis propensos a durar ata que estean fosilizados. Moitos dinosauros eran bastante pequenos: Xixianykus, por exemplo, medía só sobre 50 centímetros de longo.

Aínda que a palabra dinosauro significa literalmente 'lagarto terrible', o nome é algo etimoloxicamente inapropiado; a pesar de que os dinosauros son réptiles, non son lagartos, nin tampouco descenden deles. En cambio, os dinosauros, coma moitas formas extintas de grupos de réptiles, non amosaron características que tradicionalmente se consideraban como reptiliano, tales como a postura do membro en expansión ou ectotermia (coloquialmente coñecido como «sangue frío»). Adicionalmente, moitos outros animais prehistóricos, incluíndo os mosasauros, ictiosauros, pterosauros, plesiosauros e Dimetrodon, mentres que adoito concibidos popularmente dos dinosauros, non se clasifican taxonomicamente como dinosauros.

Durante a primeira metade do século XX, antes de que as aves foran recoñecidas como dinosauros, a meirande parte da comunidade científica cría que os dinosauros eran lacazáns e de sangue frío. A maioría das investigacións realizadas dende a década de 1970, porén, indicou que todos os dinosauros eran animais activos con metabolismos elevados e abondosas adaptacións para a interacción social.

Dende os primeiros fósiles de dinosauros que foran recoñecidos a comezos do século XIX, as carcasas fósiles montadas de dinosauros foron as principais atraccións nos museos de todo o mundo e os dinosauros convertéronse nunha parte permanente da cultura mundial. O gran tamaño dalgúns grupos de dinosauros, así como a súa natureza aparentemente monstruosa e fantástica, aseguraron a aparición regular dos dinosauros en libros best-séller e filmes, como Parque Xurásico. O entusiasmo persistente do público sobre os animais deu lugar a un importante financiamento para a ciencia dos dinosauros e os novos descubrimentos son cubertos de xeito regular polos medios de comunicación.

  1. S. Y. Lee, Michael; Cau, Andreal; Naish, Darren; Dyke, Gareth J. (1 de agosto de 2014). "Sustained miniaturization and anatomical innovation in the dinosaurian ancestors of birds". Science 345 (6196): 562–566. doi:10.1126/science.1252243. 
  2. Holtz, Thomas R. Jr. (2007). Dinosaurs: the most complete, up-to-date encyclopedia for dinosaur lovers of all ages. Random House. ISBN 0-375-82419-7. 
  3. "Numbers of threatened species by major groups of organisms (1996–2012)" (PDF). Lista Vermella da IUCN. Consultado o 22 de xuño de 2013. 
  4. Alfaro, Michael E.; Santini, Francesco; Brock, Chad; Alamillo, Hugo; Dornbug, Alex; Rabosky, Daniel L.; Carnevale, Giorgio; Harmon, Luke J. (11 de agosto de 2009). "Nine exceptional radiations plus high turnover explain species diversity in jawed vertebrates". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 32 (106): 13410–13414. PMC 2715324. PMID 19633192. doi:10.1073/pnas.0811087106. 
  5. Wang, Steve C.; Dorson, Peter (12 de setembro de 2006). "Estimating the diversity of dinosaurs". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 37 (103): 13601–13605. PMC 1564218. PMID 16954187. doi:10.1073/pnas.0606028103. 
  6. Macleod, N.; Rawson, P. F.; Forey, P. L.; Banner, F. T.; Boudagher-Fadel, M.K.; Bown, P.R.; Burnett; Culver, S.; Evans, S. E.; Jeffery, C.; Kaminski, M. A.; Lord, A. R.; Milner, A. C.; Milner, A. R.; Morris, N.; Owen, E.; Rosen, B. R.; Smith, A. B.; Taylor, P. D.; Urquhart, E.; Young, J. R. (18 de abril de 1996). "The Cretaceous-Tertiary biotic transition". Journal of the Geological Society 2 (154): 265–292. doi:10.1144/gsjgs.154.2.0265. 
  7. Sellers, William Irvin; Margetts, Lee; Coria, Rodolfo Aníbal; Manning, Phillip Lars (30 de outubro de 2013). "March of the Titans: The Locomotor Capabilities of Sauropod Dinosaurs". PLoS ONE 8 (10): e78733. ISSN 1932-6203. PMC 3864407. PMID 24348896. doi:10.1371/journal.pone.0078733. 
  8. Foster, John R. (2006). "Biggest of the big: a critical re-evaluation of the mega-sauropod Amphicoelias fragillimus". Paleontology and Geology of the Upper Jurassic Morrison Formation. New Mexico Museum of Natural History and Science Bulletin 36. p. 131–138. 

Developed by StudentB