Doutoramento

Sistema educativo español
Réxime xeral
Réxime especial

O doutoramento[1] é o grao académico do nivel máis alto. Tradicionalmente, a concesión dun doutoramento implica o recoñecemento dun candidato como igual por parte da facultade da universidade na que estudou. Esencialmente hai tres tipos de doutoramento:

Os primeiros normalmente son concedidos en recoñecemento a unha investigación académica dun estándar publicable (aínda se non se publica), e que representa unha contribución polo menos modesta ó coñecemento humano. Usualmente avalíase a través da defensa dunha disertación ou tese doutoral, aínda que ás veces pode aceptarse un corpo coherente de literatura publicada. Os últimos outórganse por unha contribución substancial a un campo, aínda que non hai requisitos de natureza académica.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para doutoramento.

Developed by StudentB