eMOTIVe | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de versións de A Perfect Circle | ||||
Edición | 1 de novembro de 2004 | |||
Gravación | 2004 | |||
Xénero(s) | rock alternativo, metal alternativo | |||
Selo(s) | Virgin Records | |||
Producido por | Billy Howerdel | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
eMOTIVe é terceiro álbum de estudio da banda de rock A Perfect Circle. Foi editado o 1 de novembro de 2004 (aínda que nos Estados Unidos saíu ao día seguinte) a través do selo Virgin Records para coincidir coas eleccións presidenciais dos Estados Unidos.[1] O disco é principalmente unha colección de versións de cancións anti-bélicas, pero inclúe tamén dúas cancións do grupo.
Publicáronse dous sinxelos para promocionar o álbum; unha versión de "Imagine" de John Lennon, e "Passive", unha canción inédita que procedía do defunto proxecto Tapeworm. O álbum estreouse no número 2 na lista estadounidense Billboard 200, aínda que a banda non realizou unha xira para apoiar o traballo e entrando despois en hiato. Sería o derradeiro álbum de A Perfect Circle ata o Eat the Elephant de 2018.