ETB 4 | |
---|---|
Inicio das emisións | 29 de outubro de 2014 |
Propiedade de | Euskal Telebista |
Formato da imaxe | 1080i HDTV |
País | España |
Área de emisión | País Vasco |
Canle que substitúe | ETBK Sat |
Canle/s irmá(s) | ETB 1 ETB 2 ETB 3 ETB HD ETB Sat Canal Vasco |
Na rede
| |
http://www.eitb.eus |
ETB 4 é a cuarta canle de Euskal Telebista, a televisión pública do País Vasco. A canle inicialmente sería lanzada en 2009, pero debido ás restricións orzamentarias que impuxo a crise económica producida na Eurozona, decidiuse postergar o seu lanzamento ata finais de 2011[1] sen que se chegase a concretar. No seu lugar creouse en setembro de 2011 ETBK Sat, unha canle que baseándose na programación de ETB Sat incorpora programas deportivos específicos. O 29 de outubro de 2014, poucos días despois do Dividendo Dixital a canle ETBK Sat foi substituída por ETB 4 sen previo aviso.