Eat the Elephant

Eat the Elephant
Álbum de A Perfect Circle
Publicado20 de abril de 2018
Gravación2010 - 2018
Duración57:07
Xénero(s)rock progresivo, rock atmosférica, hard rock
Selo(s)BMG
ProdutorDave Sardy, Billy Howerdel, Maynard James Keenan
Cronoloxía
A Perfect Circle Live: Featuring Stone and Echo
(2013)
Eat the Elephant -
Na rede
Discogs: 1347808 Allmusic: mw0003147185 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Eat the Elephant é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo A Perfect Circle, publicado o 20 de abril de 2018 a través do selo BMG. Trátase do seu primeiro álbum en catorce antos, dende o Emotive de 2004. Aínda que os primeiros traballos co novo material remóntanse ata 2008, anos de progreso lento debido a problemas entre os dous principais compositores da banda, o líder Maynard James Keenan e o guitarrista Billy Howerdel, en boa medida derivados dos seus compromisos con outros proxectos e a incapacidade de chegar a un acordo sobre a dirección que tomar coa banda.

Un enfoque renovado, xunto coa axuda do produtor Dave Sardy, axudou á banda a realizar sesións moito máis produtivas ao longo de 2017, sendo o álbum completado a principios de 2018. Tematicamante, o álbum cobre distintas visións de Keenan sobre a sociedade moderna, a relixión e temas políticos, centrándose na súa percibida falta de responsabilidade na humanidade. Musicalmente, o álbum foi visto como unha extensión e madurez do seu son rock, engadindo máis piano e elementos electrónicos nas cancións para conseguir un son máis suave que nos seus anteriores traballos.

Editáronse catro sinxelos como avance do disco, "The Doomed" en outubro de 2017, "Disillusioned" en xaneiro de 2018, "TalkTalk" en febreiro de 2018, e "So Long, and Thanks for All the Fish" en abril de 2018. En xeral o álbum foi ben recibido polos críticos, quien eloxiaron o álbum por ser un exitoso traballo de regreso, e a madurez no son da banda, aínda que algúns lamentaron a falta de máis cancións hard rock. O disco estreouse no número 3 da lista estadounidense Billboard 200, sendo o seu cuarto álbum en estrearse no top 4 da lista,[1] e no top 10 das listas de oito países.

  1. "A Perfect Circle Chart History". Billboard. Consultado o 2019-12-11. 

Developed by StudentB