Un ecosistema é unha comunidade de organismos vivos considerados en conxunto coas compoñentes non-vivas do ambiente (como o aire, a auga ou os minerais), que interactúan entre si como un sistema.[1] As compoñentes bióticas e as abióticas interctúan a través dos ciclos de nutrientes e os fluxos de enerxía.[2] Xa que os ecosistemas se definen como unha rede de interaccións entre os organismos, e dos organismos cos seus ambientes[3], estes poden ser de calquera tamaño, inda que dun tamaño específico e limitado.[4] Con todo, algúns ecólogos consideran que o planeta enteiro é un único ecosistema.[5] Un ecosistema está composto por todos os organismos e factores abióticos dunha área definida co que se pode afirmar que é unha comunidade biolóxica interactuando entre si e co seu ambiente físico.