Ecuador celeste

O ecuador celeste atópase inclinado uns 23.5° respecto da Eclíptica. É o punto orixe no sistema de coordenadas celestes ecuatoriais.

O ecuador celeste é o círculo máximo determinado pola intersección da esfera celeste co plano perpendicular ao eixo terrestre. Divide a esfera celeste en hemisferio boreal, ou norte, e hemisferio austral, ou sur.

Podemolo definir dun xeito mais popular como o resultado de cortar imaxinariamente a esfera celeste (é a proxección mental das estrelas nunha esfera na que a Terra está no seu centro) nun punto medio entre ámbolos dous polos celestes, e que por forza coincide coa liña do ecuador terrestre (pois é a súa proxección no ceo). En relación a eclíptica esta inclinado 23°27', o xeito mais claro de ver a eclíptica é observar un globo terraqueo (por iso os fan inclinados), en relación coa liña do ecuador pintada no mesmo.

É moi importante en astronomía pola facilidade que da aos astrónomos a hora de documentar as observacións no chamado sistema de coordenadas ecuatorial (onde o ecuador celeste é o punto orixe das coordenadas), sistema que permitiu a construción de monturas para telescopios mais doadas de usar, a chamada montura ecuatorial.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.



Developed by StudentB