Eduardo II de Inglaterra

Infotaula de personaEduardo II de Inglaterra

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Edward II Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de abril de 1284 Editar o valor em Wikidata
Castell Caernarfon Editar o valor em Wikidata
Morte21 de setembro de 1327 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Castelo de Berkeley Editar o valor em Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Gloucester Editar o valor em Wikidata
Monarca de Inglaterra
7 de xullo de 1307 – 25 de xaneiro de 1327
← Eduardo I de InglaterraEduardo III de Inglaterra →
Señor de Irlanda
7 de xullo de 1307 – 25 de xaneiro de 1327 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Inglaterra
Gales Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata , monarca Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuque Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Plantagenet Editar o valor em Wikidata
CónxuxeSabela de Francia
FillosEduardo III de Inglaterra, Xoana da Torre, Eleanor de Woodstock, John de Eltham, conde de Cornualla, Adam FitzRoy, fillo ilexítimo Editar o valor em Wikidata
PaisEduardo I de Inglaterra Editar o valor em Wikidata  e Leonor de Castela Editar o valor em Wikidata
IrmánsElizabeth of Rhuddlan, María de Woodstock, Margarida de Inglaterra, Henrique de Inglaterra, Tomás de Brotherto, 1º conde de Norfolk, Afonso, conde de Chester, Edmundo de Woodstock (pt) Traducir, Xoana de Acre e Leonor de Inglaterra, condesa de Bar Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Plantagenet-378 Find a Grave: 1956 Editar o valor em Wikidata

Eduardo II de Inglaterra tamén coñecido como Eduardo de Carnarvon, nado no castelo de Caernarfon o 25 de abril de 1284 e finado no castelo de Berkeley o 21 de setembro de 1327, foi rei de Inglaterra desde 1307 ata a súa deposición en xaneiro de 1327. Foi o cuarto fillo de Eduardo I, e converteuse en herdeiro ao trono tras a morte do seu irmán Afonso. A comezos do ano 1300 acompañou o seu pai nas campañas no marco das campañas para pacificar Escocia, e en 1306 foi nomeado cabaleiro nunha cerimonia celebrada na abadía de Westminster. Accedeu ao trono en 1307 tras a morte do seu pai. En 1308 casou con Isabel de Francia, filla de Filipe IV de Francia, como parte dos esforzos para resolver as tensións entre ambos os países.

Eduardo mantivo unha controvertida relación con Piers Gaveston, quen se unira á súa casa en 1300. A natureza da relación de Eduardo con Gaveston non está clara: puideron ser simples amigos, amantes ou irmáns de sangue. A arrogancia de Gaveston como favorito de Eduardo provocou o descontento tanto dos baróns como da familia real francesa, e Eduardo tivo que mandalo ao exilio. Tras o seu regreso, os baróns insistíronlle ao rei para que introducise unhas amplas reformas, coñecidas como Ordenanzas de 1311. Os baróns fixeron uso do seu novo poder desterrando a Gaveston, ao que Eduardo respondeu revogando as reformas e mandando chamar o seu favorito de regreso. Tras isto e dirixidos polo curmán de Eduardo, o conde de Lancaster, un grupo de baróns capturaron e executaron a Gaveston en 1312, comezando así varios anos de confrontación armada. As forzas inglesas foron expulsadas de Escocia, onde Eduardo sufriu unha derrota decisiva a mans de Robert Bruce na batalla de Bannockburn en 1314. Entre 1315 e 1317 tivo lugar unha Gran Fame, que provocou novas críticas ao rei.

Os membros da familia Despenser, en particular Hugh Despenser o Novo, trabaron boa amizade e convertéronse en conselleiros de Eduardo. Porén en 1312, Lancaster e os baróns conseguiron expropiar as terras da familia e que o rei os mandase ao exilio. En resposta, Eduardo dirixiu unha pequena campaña militar na que capturou e executou a Lancaster. O rei e os seus favoritos reforzaron o seu poder, revogando formalmente as reformas de 1311, executando os seus inimigos e confiscando propiedades. Dada a incapacidade para avanzar en Escocia, Eduardo asinou unha tregua con Bruce. A oposición ao réxime aumentou, e cando en 1325 Isabel foi enviada a Francia para negociar a paz da Guerra de San-Sardos, volveuse na contra do rei e rexeitou regresar ao país. Isabel aliouse co exiliado Roger Mortimer e invadiu Inglaterra cun pequeno exército en 1326. O réxime de Eduardo colapsou e fuxiu a Gales, onde foi capturado en novembro. Tras isto foi obrigado a abdicar en xaneiro de 1327 en favor do seu fillo de 14 anos, Eduardo III. O rei finou no castelo de Berkeley o 21 de setembro dese ano, probablemente por orde do novo réxime.

As relacións de Eduardo con Gaveston inspiraron a obra de 1592 de Christopher Marlowe, Edward II, xunto a outras pezas, filmes e novelas. Moitas destas obras centráronse na posible relación sexual entre os dous homes. Os seus contemporáneos criticaron a súa actuación como rei, resaltando o seu fracaso en Escocia e o réxime de opresión durante os seus últimos anos, aínda que os académicos do século XIX afirmaron que o incremento das institucións parlamentarias durante o seu reinado tivo un efecto positivo para Inglaterra durante un longo período. O debate continúa no século XXI sobre se Eduardo foi un rei nugallán e incompetente ou simplemente un gobernante redundante e infrutuoso.


Developed by StudentB