Eduardo I de Inglaterra

Infotaula de personaEduardo I de Inglaterra

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ang) Edward I of England Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de xuño de 1239 Editar o valor em Wikidata
Westminster Editar o valor em Wikidata
Morte7 de xullo de 1307 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Burgh by Sands (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da mortedisentería Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaAbadía de Westminster Editar o valor em Wikidata
Monarca de Inglaterra
16 de novembro de 1272 – 7 de xullo de 1307 (finado no cargo)
← Henrique III de InglaterraEduardo II de Inglaterra →
Señor de Irlanda
16 de novembro de 1272 – 7 de xullo de 1307 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Inglaterra Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor em Wikidata
Altura1,88 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoState administration (en) Traducir, política, militar e dereito Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Inglaterra Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmonarca , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoOitava Cruzada (pt) Traducir e Novena cruzada Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuque Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Plantagenet Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMargarida de Francia (1299 (Gregoriano)–)
Leonor de Castela (1254 (Gregoriano)–)
FillosHenrique de Inglaterra
 () Leonor de Castela
Juliana of England (en) Traducir
 () Leonor de Castela
Alice of England (en) Traducir
 () Leonor de Castela
John of England (en) Traducir
 () Leonor de Castela
Joan of England (en) Traducir
 () Leonor de Castela
Berengaria of England (en) Traducir
 () Leonor de Castela
Isabella of England (en) Traducir
 () Leonor de Castela
Alice of England (en) Traducir
 () Leonor de Castela
Beatrice of England (en) Traducir
 () Leonor de Castela
Blanche of England (en) Traducir
 () Leonor de Castela
Eleanor of England (en) Traducir
 () Margarida de Francia
Tomás de Brotherto, 1º conde de Norfolk
 () Margarida de Francia
Afonso, conde de Chester
 () Leonor de Castela
Xoana de Acre
 () Leonor de Castela
Leonor de Inglaterra, condesa de Bar
 () Leonor de Castela
Edmundo de Woodstock (pt) Traducir
 () Margarida de Francia
Margarida de Inglaterra
 () Leonor de Castela
Elizabeth of Rhuddlan
 () Leonor de Castela
María de Woodstock
 () Leonor de Castela
Eduardo II de Inglaterra
 () Leonor de Castela
Katherine of England (en) Traducir
 () Leonor de Castela Editar o valor em Wikidata
PaisHenrique III de Inglaterra Editar o valor em Wikidata  e Leonor da Provenza Editar o valor em Wikidata
IrmánsEdmundo Crouchback (pt) Traducir, Catarina de Inglaterra (pt) Traducir, Margarida de Inglaterra (pt) Traducir e Beatriz de Inglaterra (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1785197 WikiTree: Plantagenet-2 Find a Grave: 1955 Editar o valor em Wikidata

Eduardo I de Inglaterra, nado en Westminster o 17 ou o 18 de xuño de 1239 e finado en Burgh by Sands o 7 de xullo de 1307, tamén coñecido como Eduardo Pernas Longas ou o Martelo dos Escoceses (latín: Malleus Scotorum), foi Rei de Inglaterra desde 1272 ata 1307. Antes do seu ascenso ao trono tamén foi coñecido como O Señor Eduardo.[1][2][3][4] Pasou gran parte do seu reinado reformando a administración real e a common law. A través dunha extenso proceso legal, Eduardo investigou a tenza de varias liberdades feudais, mentres que a lei foi reformada por medio dunha serie de estatutos reguladores das leis criminal e de propiedade. Porén, cada vez máis, a atención de Eduardo dirixiuse cara aos asuntos militares.

Como primeiro fillo de Henrique III, Eduardo estivo envolto desde moi cedo nas intrigas política do reinado do seu pai, incluída unha autentica rebelión por parte dos Baróns ingleses. En 1259, situouse brevemente xunto ao movemento de reforma dos baróns, apoiando as Provisións de Oxford. Tras a reconciliación co seu pai, porén, permaneceu leal a el durante o resto do conflito coñecido como a Segunda Guerra dos Baróns. Tras a batalla de Lewes, Eduardo foi feito refén polos rebeldes, pero escapou ao cabo duns poucos meses e volveu a retomar a loita contra Simón de Montfort. Montfort foi derrotado na batalla de Evesham en 1265, e ao cabo de dous anos a rebelión quedou reducida. Con Inglaterra pacificada, Eduardo uniuse á Novena cruzada na Terra Santa. A cruzada non durou moito e Eduardo encontrábase de camiño de regreso a Inglaterra en 1272 cando recibiu a noticia da morte do seu pai. Sen présa por volver, chegou a Inglaterra en 1274 e foi coroado na abadía de Westminster o 19 de agosto dese ano.

Tras conter unha pequena rebelión en Gales entre 1276 e 1277, Eduardo tivo que afrontar unha segunda rebelión entre 1282 e 1283 cunha guerra a grande escala de conquista. Tralo éxito da campaña, Eduardo subxugou Gales baixo o poder inglés, construíndo unha serie de castelos e cidades na rexión e establecendo nelas a colonos ingleses. A continuación, os seus esforzos tornáronse directamente cara a Escocia. Nun primeiro momento fora convidado a arbitrar na disputa sucesoria, pero acabou reclamando a soberanía sobre o reino. Desatouse unha guerra de independencia que durou máis alá da morte do rei. Ao mesmo tempo, Eduardo tivo que afrontar unha nova guerra contra Francia despois de que o monarca francés Filipe IV invadira o ducado de Aquitania, que ata entón mantivera unha unión persoal con Inglaterra. Aínda que Eduardo recuperou o seu ducado, o conflito aliviou a presión militar inglesa contra Escocia. Ao mesmo tempo o rei tivo que tratar cos problemas internos. A mediados da década de 1290, as numerosas campañas militares requiriron unha gran cantidade de impostos, e Eduardo tivo que afrontar a oposición do clero e o pobo. Cando o rei finou en 1307, deixou ao seu fillo Eduardo II de Inglaterra no medio dunha guerra e cheo de problemas financeiros e políticos.

  1. Burt 2013, p. 75.
  2. Carpenter 1985.
  3. Lloyd 1986.
  4. Powicke 1947.

Developed by StudentB