Endotelio

Este artigo trata sobre o endotelio dos vasos sanguíneos; para o da córnea ver endotelio corneal.
Situación do endotelio nunha arteria, e outras capas da parede.
Células endoteliais que forman a túnica íntima do vaso sanguíneo rodean a un eritrocito (E).

O endotelio vascular é o tecido que forma a fina capa de células que reviste a parte interior dos vasos sanguíneos,[1] formando unha interface entre o sangue circulante do lume do vaso e o resto das paredes do vaso. O tecido endotelial é unha variedade de tecido epitelial. As células que o forman denomínanse células endoteliais. As células endoteliais revisten todo o sistema circulatorio, desde o corazón aos capilares máis pequenos. Tamén revisten os vasos linfáticos [2]. Estas células reducen a turbulencia do fluxo sanguíneo, permitindo que o sangue se bombee a maior distancia, e teñen propiedades en canto á coagulación do sangue e outras.

O endotelio proporciona unha superficie non tromboxénica (evita coágulos) porque contén o glicosaminoglicano heparán sulfato, que intervén na activación da antitrombina III, unha protease que inactiva varios factores na cascada de reaccións da coagulación.

  1. Endothelium Arquivado 21 de novembro de 2011 en Wayback Machine. eMedicine Dictionary
  2. D.W. Fawcett. Tratado de Histología. Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición (1987). Páxinas 403-406. ISBN 84-7605-361-4

Developed by StudentB