En medicina, a enfermidade actual (comunmente abreviado EA) ou doenza actual é unha síntese que describe, na historia clínica, os principais síntomas, trastornos ou a preocupación principal expresada polo paciente no momento en que solicita atención médica. Se o doente é incapaz de expresarse, o profesional médico adoita anotar suposicións baseadas en informacións dos coidadores, familiares e na observación inicial.
Ao facer unha consulta médica, os pacientes adoitan teren unha lista dos principais síntomas ou queixas que desexan que se investiguen ou manexen polo profesional da saúde, quen adoita asociar un diagnóstico baseado, en parte, na enfermidade actual.
A enfermidade actual escríbese desde a perspectiva e a linguaxe do paciente xa que non se considera, estritamente, un lugar para anotar termos médicos. Dependendo da situación e a preferencia do provedor, a enfermidade actual pode resumirse de acordo cun sistema estándar de codificación ou por escrito nas propias palabras do doente. Calquera que sexa o sistema utilizado, a EA correctamente rexistrada debe representar a explicación do por que o paciente acudiu a ver ao médico.
No ámbito da atención primaria, a EA xeralmente inclúe o coidado preventivo ao que estivo exposto o suxeito, incluíndo trastornos mentais.