Enfermidade mental

Enfermidade mental
Clasificación e recursos externos
Oito mulleres representando diagnósticos mentais prominentes do século XIX, por Armand Gautier.
ICD-10F99
MeSHD001523
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
A depresión é unha das enfermidades mentais máis frecuentes.

A enfermidade mental é unha alteración das ideas e dos sentimentos con trastornos graves do razoamento, do comportamento, da facultade de recoñecer a realidade e de adaptarse ós retos normais da vida por parte da persoa afectada. É unha deficiencia no proceso de organización progresiva da personalidade, que comporta á vez un proceso de regresión. Hai que distinguir a enfermidade mental do atraso mental.[1] Hai diferentes tipos de trastornos mentais, e moitas facetas diferentes do comportamento e a personalidade humana poden chegar a sufrir trastornos.[2][3][4][5]

Crese que está provocada por perturbacións cerebrais de orixe xenética, tóxica, infecciosa ou terapéutica que poden agravarse por factores psicosociais. Porén, moitas das causas da enfermidade mental son aínda descoñecidas. O tratamento das enfermidades mentais adoita ser levado a cabo por psiquiatras, aínda que psicólogos e médicos de familia tamén poden intervir.

Nas enfermidades mentais establécese a diferenza entre neurose e psicose, consistente basicamente no feito de que na neurose o afectado é consciente do que lle pasa e os cambios na conduta non teñen tanta intensidade como na psicose. Aínda que, a diferenza das enfermidades físicas, afectan a conduta e as emocións da persoa, non hai que discriminar aos enfermos mentais e é necesario que estes non se sintan estigmatizados por padecer a enfermidade.

No mundo occidental, unha de cada cinco persoas adultas sofre cada ano algunha enfermidade mental.[6] Nos menores de 18 anos os datos de afectación son idénticas, do 20%, e estímase que destes, dúas terceiras partes non reciben ningún tratamento efectivo.[6]

  1. Enciclopèdia Catalana, S.A. 1997-2009 (ed.). "Malaltia mental". Gran Enciclopèdia Catalana (en catalán). Consultado o 9/07/2014. 
  2. Gazzaniga, M.S.; Heatherton, T.F. (2006). Psychological Science. Nova York: W.W. Norton & Company, Inc.
  3. WebMD, Inc. (01 de juliol de 2005). Mental Health: Types of Mental Illness. Consultado o 9/07/2014 en webmd.com
  4. United States Department of Health; Human Services (1999). Overview of Mental Illness. Consultado o 9/07/2014
  5. NIMH, ed. (2005). "Teacher's Guide: Information about Mental Illness and the Brain". Curriculum supplement from The NIH Curriculum Supplements Series (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12/10/2007. Consultado o 9/07/2014. 
  6. 6,0 6,1 The National Institutes of Health's Office of Science Education (ed.). "Information about Mental Illness and the Brain" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03/09/2014. Consultado o 9/07/2014. 

Developed by StudentB