Epitelio

Tipos de epitelio.

Os epitelios (de epi, encima, e thele, mamila [1]), son tecidos formados por células moi apertadas entre si e con pouco ou ningún espazo intercelular, formados unha ou varias capas de células, que recobren unha superficie externa ou interna do corpo, como o exterior da pel, ou a córnea, revestimentos de órganos, cavidades e condutos do corpo, e tamén forman as mucosas e as glándulas. Algúns epitelios presentan especializacións como cilios ou morfoloxías celulares especiais. As súas funcións principais son protectoras, absorbentes ou secretoras.

O tecido epitelial é un dos catro grandes tipos de tecidos animais, xunto co tecido muscular, nervioso e conectivo.

  1. Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. Tomo 8. Páxina 176. ISBN 84-7680-296-X (do tomo).

Developed by StudentB