Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2013.) |
Este artigo é parte da serie Escandinavia |
Era viquinga |
Ting |
Unión de Kalmar |
Dinamarca-Noruega |
Suecia-Noruega |
Unión Monetaria |
Unión de defensa |
Idiomas |
Montañas |
Península |
Varanxianos |
Viquingos |
Historia de Suecia |
Historia de Noruega |
Historia de Dinamarca |
Escandinavia[1][2] é a rexión cultural e histórica da Península Escandinava. Os países escandinavos son Noruega, Suecia e Dinamarca, que se recoñecen mutuamente como partes da Escandinavia. O rótulo colectivo "Escandinavia" reflicte a similitude cultural, e mailos fortes lazos históricos, entre eses países a pesar da súa independencia política.
O uso e o significado do termo fóra da Escandinavia é un tanto ambiguo, ás veces inclúese Finlandia e Islandia e outras veces exclúese Dinamarca. Eses significados alternativos son considerados incorrectos en Escandinavia.[Cómpre referencia]
Para evitar ambigüidades, úsase o termo países nórdicos incluíndo os reinos escandinavos da Noruega, Suecia, Dinamarca e mailas repúblicas da Finlandia e Islandia.
Os termos Fenoscandia e Feno-Escandinavia poden tanto ser usados para incluír á península Escandinava, á península de Kola, Karelia e Finlandia no mesmo termo que alude ao Escudo Fenoscandiano, como se poden usar nun senso máis cultural, máis ou menos como sinónimo de países nórdicos, significando o contacto historicamente estreito entre as culturas e pobos fínicos, saami e escandinavos.
Fóra da Europa, os Países Baixos ás veces tamén se considera, de modo erróneo, Escandinavia. A razón para isto semella ser unha confusión con Dinamarca: ámbolos dous son pequenos países teutónicos con fronteiras no mar do Norte e os adxectivos en inglés Dutch e Danish (neerlandés e dinamarqués, respectivamente) son un pouco semellantes.