Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
State of New York (en) | |||||
Lema | «I Love New York» | ||||
---|---|---|---|---|---|
Símbolo oficial | Pássaro Azul Oriental (pt) (aves) | ||||
Alcume | The Empire State | ||||
Epónimo | duque de York | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Capital | Albany | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 20.201.249 (2020) (142,97 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 7.417.224 (2020) | ||||
Lingua usada | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 141.300 km² | ||||
Auga | 13,62 % | ||||
Bañado por | Lago Erie, Río San Lourenzo, Long Island Sound, Lower New York Bay (pt) , Lago Ontario, Río Niágara, Lago Champlain e Océano Atlántico | ||||
Altitude | 305 m | ||||
Punto máis alto | Monte Marcy (1.629 m) | ||||
Punto máis baixo | Océano Atlántico (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | Nova Jersey, sur Massachusetts, leste Pensilvania, Suroeste Connecticut, sueste Vermont, Nordés Ontario, oeste (1867–) Quebec, norte (1867–) | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 26 de xullo de 1788 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Goberno do Estado de Nova York | ||||
• Gobernadora | Kathy Hochul (2021–) | ||||
Órgano lexislativo | Lexislatura do Estado de Nova York , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Tribunal de Apelacións de Nova York | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | US-NY | ||||
Identificador GNIS | 1779796 | ||||
Páxina web | ny.gov | ||||
O Estado de Nova York[1] (/es̺ˈtaðʊ de ˈnɔ.βɐ jɔrk/; en inglés: New York State [nu jɔɹk steɪt]), ou tan só Nova York,[2] é un dos cincuenta estados dos Estados Unidos de América, localizado na rexión Mid-Atlantic do país, ao nordeste do mesmo. A súa capital é Albany. É o maior centro financeiro e comercial do país, e o cuarto maior centro industrial dos Estados Unidos, por detrás de California, Texas e Ohio. Cos seus 19 millóns de habitantes, Nova York é o terceiro estado máis poboado dos Estados Unidos, detrás de California e Texas.
Non debe confundirse coa cidade homónima, a Cidade de Nova York, localizada no extremo sur do estado. Por iso, ao estado é costume chamar Estado de Nova York. A Cidade de Nova York non é só a maior cidade do estado, cos seus 8,5 millóns de habitantes (preto da metade da poboación estatal), senón tamén a maior cidade dos EEUU.
O alcume de Nova York é Empire State (Estado do Imperio). Os historiadores cren que este alcume vén dun comentario feito por George Washington -unha vez comentou que Nova York era o centro do Imperio (americano). O lema do Estado é Excelsior, unha palabra latina que significa "Sempre Arriba", "Sempre no Cume" ou "Aínda Máis Alto".
Nova York foi colonizado orixinalmente polos neerlandeses, que chamaron á rexión Novos Países Baixos. Tamén fundaron un asentamento na illa de Manhattan, chamado Nova Ámsterdan. Cando Inglaterra capturou o Estado dos neerlandeses, os ingleses renomearon tanto ao Estado como á cidade localizada en Manhattan a Nova York. Nova York foi unha das trece colonias británicas que se rebelaron na Guerra de Independencia dos Estados Unidos. Neste estado tiveron lugar un terzo de todas as batallas da guerra.
Logo da guerra, Nova York pasou a ser o 11º Estado en entrar na Unión, o 26 de xullo de 1788. Converteuse no máis poboado do país ao redor de 1810, aínda que foi excedido por California na década de 1960 e por Texas na década de 1990.