Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
State of Washington (en) | |||||
Lema | «Justitia Omnibus (mul) » | ||||
---|---|---|---|---|---|
Símbolo oficial | Washington state tartan (en) (Tartán) | ||||
Alcume | The Evergreen State | ||||
Epónimo | George Washington | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Capital | Olympia | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.705.281 (2020) (41,69 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 2.905.822 (2020) | ||||
Lingua oficial | sen valor | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 184.827 km² | ||||
Auga | 6,79 % | ||||
Bañado por | Océano Pacífico, Río Columbia, Estreito de Geórgia (pt) , Estreito de Haro (pt) e Estreito de Juan de Fuca | ||||
Altitude | 520 m | ||||
Punto máis alto | Monte Rainier (pt) (4.389 m) | ||||
Punto máis baixo | Océano Pacífico | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 11 de novembro de 1889 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Government of Washington (en) | ||||
• Governador (pt) | Jay Inslee (pt) (2013–) | ||||
Órgano lexislativo | Washington State Legislature (en) , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Tribunal Supremo de Washington | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | US-WA | ||||
Identificador GNIS | 1779804 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | wa.gov | ||||
Washington é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. O nome do estado provén de quen foi líder das forzas americanas ao longo da Revolución Americana de 1776 e logo primeiro presidente dos Estados Unidos, George Washington. O nome de moitas cidades e condados dos Estados Unidos homenaxea diversos presidentes, mais o Estado de Washington é o único que leva o nome en honra dun presidente. Non debe ser confundido coa capital dos Estados Unidos, Washington, D.C.. Por isto, Washington, o estado, é xeralmente chamado Estado de Washington, e Washington, a capital nacional, Distrito de Columbia.
Washington localízase no extremo noroeste dos Estados Unidos. Debido aos seus enormes bosques, cuxas árbores non perden a folla no outono ou no inverno, escolleuse como lema do estado Evergreen State, que significa "de folla perenne". Os seus grandes bosques fan de Washington un líder na industria madeireira americana. Así mesmo, está cruzado por varios ríos e abundan os lagos, o que crea un terreo propicio para a instalación de encoros; o maior do país, o Encoro de Grand Coulee, localízase no Río Columbia. A economía de Washington, porén, está centralizada fundamentalmente no turismo e na industria aeroespacial. A maior fabricante de avións do mundo, a Boeing, ten a súa sede en Washington, e varias das súas fábricas están situadas neste estado.