Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2019.) |
O Amazonas é un estado brasileiro localizado no oeste da rexión Norte. Ten como límites: Venezuela e Roraima ao norte; Pará ao leste, Mato Groso ao sueste, Rondônia ao sur, Acre a suroeste, o Perú a oeste e Colombia a noroeste. Ocupa unha superficie de 1 577 820,2 km2, un pouco máis grande que a Mongolia. A súa capital é a cidade de Manaus. Ademais da capital, as cidades máis importantes son: Coari, Manacapuru, Tefé, Parintins, Itacoatiara e Tabatinga.