Este artigo trata sobre medicamentos que baixan o colesterol. Para un raro aminoácido ou as hormonas inhibidoras véxase: Estatina (aminoácido) e Estatina (hormona).
As estatinas (ou inhibidores da HMG-CoA redutase) son unha clase de fármacos que rebaixan o nivel de colesterol no organismo e actúan inhibindo o encimaHMG-CoA redutase, o cal ten un papel central na produción de colesterol. Os niveis altos de colesterol (hipercolesterolemia) foron asociados con enfermidades cardiovasculares.[1] As estatinas reducen a probabilidade de desenvolver unha enfermidade cardiovascular e a mortalidade nas persoas que están en risco. Hai fortes evidencias que indican que as estatinas son efectivas para o tratamento das enfermidades cardiovasculares nos estadios temperáns da doenza (prevención secundaria) e naquelas persoas con risco elevado pero aínda sen síntomas de doenza cardiovascular (prevención primaria).[2][3] Entre os efectos secundarios das estatinas están a dor muscular, o incremento do risco de ter diabetes mellitus, e as anormalidades nas probas de encimas hepáticos.[4] Ademais, en casos raros poden ter efectos adversos graves, especialmente danos musculares.[5]
↑Lewington S, Whitlock G, Clarke R, Sherliker P, Emberson J, Halsey J, Qizilbash N, Peto R, Collins R (December 2007). "Blood cholesterol and vascular mortality by age, sex, and blood pressure: a meta-analysis of individual data from 61 prospective studies with 55,000 vascular deaths". Lancet370 (9602): 1829–39. PMID18061058. doi:10.1016/S0140-6736(07)61778-4.
↑Naci H, Brugts J, Ades T (2013). "Comparative tolerability and harms of individual statins: a study-level network meta-analysis of 246 955 participants from 135 randomized, controlled trials". Circ Cardiovasc Qual Outcomes6 (4): 390–9. PMID23838105. doi:10.1161/CIRCOUTCOMES.111.000071.
↑Sweetman, Sean C., ed. (2009). "Cardiovascular drugs". Martindale: the complete drug reference (36th ed.). London: Pharmaceutical Press. pp. 1155–434. ISBN978-0-85369-840-1.