Eesti Vabariik (et) | |||||||
Himno | Mu isamaa, mu õnn ja rõõm | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Lema | «Stonia Epig» | ||||||
Epónimo | Virônia (pt) e Ugandi County (en) | ||||||
Localización | |||||||
| |||||||
Capital | Talín | ||||||
Contén a división administrativa | |||||||
Poboación | |||||||
Poboación | 1.374.687 (2024) (30,32 hab./km²) | ||||||
Lingua oficial | lingua estoniana | ||||||
Xeografía | |||||||
Parte de | |||||||
Superficie | 45.335 km² | ||||||
Bañado por | Mar Báltico e Lago Peipus | ||||||
Punto máis alto | Suur Munamägi (317,4 m) | ||||||
Punto máis baixo | Mar Báltico (0 m) | ||||||
Comparte fronteira con | |||||||
Datos históricos | |||||||
Precedido por | |||||||
Creación | 24 de febreiro de 1918 | ||||||
Evento clave
| |||||||
Organización política | |||||||
Forma de goberno | República parlamentaria (1991–) | ||||||
• Presidente | Alar Karis (pt) (2021–) | ||||||
Órgano executivo | Governo da República da Estónia (pt) | ||||||
• Primeiro ministro | Kaja Kallas (2021–) | ||||||
Órgano lexislativo | Riigikogu , (Escano: 101) | ||||||
Membro de | Movement Coordination Centre Europe (en) Consello de Estados do Mar Báltico Nordic Battle Group (en) ../... 37+ | ||||||
PIB nominal | 37.191.166.152 $ (2021) | ||||||
PIB per cápita | 23.757,62 $ (2019) | ||||||
Moeda | euro | ||||||
Identificador descritivo | |||||||
Fuso horario | |||||||
Dominio de primeiro nivel | .ee | ||||||
Prefixo telefónico | +372 | ||||||
Teléfono de emerxencia | 112 | ||||||
Código de país | EE | ||||||
Código NUTS | EE | ||||||
Páxina web | valitsus.ee | ||||||
Estonia ( pronunciación (axuda · info)) (en estoniano: Eesti, [ˈeːsti] (AFI)), oficialmente República de Estonia ( pronunciación (axuda · info)) (en estoniano: Eesti Vabariik, [ˈeːsti ˈʋɑbɑriːk] (AFI)), é un dos tres países bálticos. O país atópase na Europa do norte e está constituído por unha porción continental e un grande arquipélago de illas no mar Báltico. Estonia limita polo norte co golfo de Finlandia que o separa da veciña Finlandia. Polo leste o país fai fronteira con Rusia, ao sur con Letonia e ao oeste co mar Báltico, que o separa de Suecia. Estonia ten unha poboación de pouco máis dun millón trescentos mil habitantes, distribuídos ao longo de 45 mil quilómetros cadrados. O país é membro da Unión Europea dende o 1 de maio do ano 2004, da OTAN dende o 29 de marzo do 2004 e da Eurozona dende o 1 de xaneiro de 2011.[1]
Os estonianos son un pobo fínico etnicamente vencellado aos finlandeses e aos saamis. O país ten ademais vencellos culturais e históricas cos países nórdicos[2], particularmente con Finlandia, a Suecia e Dinamarca.
A lingua estoniana fai parte das linguas ugrofinesas grupo que comparte co finés e o húngaro, aínda que difire moito deste. Xunto co finés, o húngaro e o maltés, o estoniano forma o grupo de linguas oficiais da Unión Europea que non teñen orixe indoeuropea.
Durante séculos os estonianos viviron baixo o dominio doutros pobos que ocuparon a súa terra. A noción de país chegou bastante tarde para os estonianos, apenas na metade do século XIX, cun forte crecemento cultural unido ao crecemento da poboación urbana, e á industrialización do país, que favoreceu a unión dos estonianos e ao movemento nacionalista, resultando nun Estado independente, establecido en 1917.